"Barros" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘festa e feira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños, situada ao O da Praia Maior ou de Malpica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘músico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘música’.

    2. Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘gaita’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tocar (a gaita)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barreiro.

    2. Liñaxe procedente de Xinzo de Limia. Espallouse por León, Palencia, Toledo, Cáceres e Andalucía e mesmo pasou a Portugal. As súas armas levan, en campo de goles, cinco leóns de prata, postos en aspa. Algúns empregan o mesmo escudo, engadindo aos leóns tres faixas axadrezadas. Outra variante trae, en campo de goles, cinco leóns de prata postos en aspa, cargados cada un de tres faixas axadrezadas de ouro e goles. O Emperador Carlos I concedeulle a Pedro Barroso, conquistador das Indias, as armas: en campo de ouro, unha aguia de sable e, brochante dobre el todo, unha faixa de goles; bordo de azul con oito cruces de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao terreo ou á terra en que abunda o barro.

    2. Que presenta unha cor semellante á do barro, especialmente referíndose ao gando.

    3. Que presenta unha superficie pouco pulida.

    4. Quen traballa o barro.

    5. xílgaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1908 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. En 1918 xa era capitán e ingresou no Estado Maior. Comandante do Estado Maior (1919) foi agregado militar nas embaixadas de París, onde ampliou os seus estudios na escola Superior de Guerra, na de Bruxelas e nas legacións de Berna e A Haia. Ao iniciar a Guerra Civil abandonou os seus cargos, situouse no bando franquista e foi nomeado xefe de operacións do estado maior das tropas que tomaron Badajoz e Toledo. En 1937 ascendeu a coronel por méritos de guerra. Ao rematar a guerra volveu a París ata 1943, data na que ascendeu a xeneral de brigada, foi segundo xefe do Estado Maior Central ata 1947 en que ascendeu a xeneral de división e foi designado gobernador militar de Sevilla. En 1951 foi gobernador militar do Campo de Gibraltar e en 1983 titular da Capitanía Xeral de Granada. En 1955, co grao de tenente xeneral, foi nomeado director da Escola Superior do Exército e, en 1956, xefe da Casa Militar do Xefe do Estado. En 1957 foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben algúns canteiros galegos, especialmente os de Cotobade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. En 1926 trasladouse a Bordeos, onde iniciou estudios de Belas Artes baixo a tutela do artista François Maurice Roganeaux e comezou a expoñer. En 1935 obtivo a bolsa do Conde de Cartagena que lle permitiu continuar os seus estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. En 1936 foi recrutado polo exército da República na Unidade de Cartografía e rematada a guerra fuxiu a Perpignan. Exiliado en América en 1940, estableceuse na República Dominicana. Nestes primeiros anos a súa obra recibiu a influencia do Postimpresionismo e do Fauvismo, sendo Cézanne unha continua referencia, pero foi o descubrimento do mundo antillano o que marcou definitivamente a súa linguaxe expresiva. As súas obras lembran a Gauguin tanto na cor como na temática (nus de mulleres nativas en paisaxes insulares). A súa linguaxe propia comezou a acadala en 1944 co descubrimento de Haiti. Deste país impactoulle sobre todo o sincretismo dos ancestrais rituais africanos do vodú. O resultado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou estudios de mariña mercante e dedicouse profesionalmente ao fútbol. Posteriormente, desempeñou diversos traballos ata que en 1941 entrou en contacto co cine a través dun papel na produción de Suevia Films Unos pasos de mujer, dirixida por E. Fernández-Ardavín. Interveu en 150 filmes e a súa última participación foi en Hijos de papá (1980), de Rafael Gil. Paralelamente, desenvolveu unha sólida carreira teatral desde 1945. Nos anos sesenta e setenta realizou todo tipo de papeis nun gran número de coproducións como Chimes at Midnight (Badaladas á media noite, 1966), de Orson Welles, e papeis protagonistas, sobre todo a partir da súa interpretación en Nunca pasa nada (1963), de Juan A. Bardem, pola que obtivo o premio ao mellor actor dese ano do Sindicato Nacional del Espectáculo. Nesta época tamén traballou ás ordes de varios directores, como Sergio Leone, no filme El bueno, el feo y el malo (1965), Luis Buñuel, en Tristana (1969), Pedro Olea, Mario Camus e Vicente Aranda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. A principios dos anos sesenta emigrou a Francia, onde entrou a formar parte do Partido Comunista. Retornou a Ourense e traballou pola reorganización do partido. Trala súa participación nos sucesos de Castrelo de Miño en 1965 e na organización do Primeiro de Maio, regresou a Francia. No 1969 estableceuse en Lugo e participou na fundación de comisións obreiras (CC OO) e das comisións campesiñas. No período democrático formou parte da executiva do PC galego e foi membro da comisión executiva da federación de pensionistas e xubilados de CC OO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Escribiu no periódico decenal El Vencejo (1905-1906) e tamén o dirixiu. Despois colaborou no semanario El Aloya (1907-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e escritor. Coñecido como Ken Keirades, estudiou maxisterio por libre na Escola Normal de Santiago e exerceu a docencia ata que en 1936 foi suspendido da profesión por motivos políticos. Dirixiu o xornal El Estradense, polo que foi encarcerado, e colaborou en El Emigrado (1920) e deuse a coñecer coa sección “Rexoubas”. Da súa produción destaca Falemos na nosa fala (1930), primeiro premio no Certame Literario de Exaltación da Muller Galega celebrado en Pontevedra en 1929, Contiños da terra (1931), e as póstumas Aventuras de Alberte Quiñói (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1972), Enredos (2000), Dos meus recordos (2001) e Carta da Habana (2002). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de El Ideal Gallego, publicou Medio siglo de vida coruñesa (1834-1886) (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza que se coloca diante e por riba das rodas dun vehículo para evitar as salpicaduras de lama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández,   A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Dirixiu o programa Con la Ley en la Mano, emitido por Radio Noroeste e posteriormente por Radio Voz e a asesoría xurídica do R.C. Celta de Vigo, do que foi vicepresidente. Desde 1995 traballou como avogado de Greenpeace en Galicia. Especialista na emigración galega, publicou diversos traballos sobre montes comunais.

    VER O DETALLE DO TERMO