Manuel García Barros Ken Keirades

Manuel García Barros Ken Keirades
[LIT]

Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández,   A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.