"Bes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 224.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Santiago en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma ou a estrutura do asbesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer resistente ao lume, como o asbesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao asbesto ou da natureza do asbesto.

    2. Que non pode arder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de amianto, de fibras finas e paralelas, de brillo sedoso e cores tornasoladas. Fórmase á esquerda da serpentina coas fibras perpendiculares á fenda. Explótase en Quebec, Transvaal e Cimbabue, e emprégase na industria e na construción polas súas calidades de resistencia aos ácidos e á calor. A súa manipulación pode producir asbestose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose producida pola inhalación prolongada de partículas de amianto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo. Demostrou a penetración de diversas bacterias a través dos tegumentos animais. Descubriu os esporozoos parasitos dos glóbulos sanguíneos aos que lles deu nome (xénero Babesia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo. Demostrou a penetración de diversas bacterias a través dos tegumentos animais. Descubriu os esporozoos parasitos dos glóbulos sanguíneos aos que lles deu nome (xénero Babesia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos esporozoos, da orde dos piroplasmas, que comprende moitas especies, todas elas parasitos de herbívoros. Atacan os eritrocitos e teñen como hospedeiro intermediario unha carracha. A especie B.bigemina produce a febre de Texas nos bóvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos esporozoos, da orde dos piroplasmas, que comprende moitas especies, todas elas parasitos de herbívoros. Atacan os eritrocitos e teñen como hospedeiro intermediario unha carracha. A especie B.bigemina produce a febre de Texas nos bóvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade grave, relativamente pouco frecuente, producida por protozoos do xénero Babesia, sobre todo pola especie B.microti. Orixina un cadro de anemia hemolítica aguda ou crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade grave, relativamente pouco frecuente, producida por protozoos do xénero Babesia, sobre todo pola especie B.microti. Orixina un cadro de anemia hemolítica aguda ou crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario francés. Participou en diversas conspiracións republicanas con Blanqui. No 1839, despois de ter dirixido a Conspiración de Maio con Blanqui e Martin-Bernard, foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. A revolución do 1848 liberouno. Con moita popularidade, foi elixido deputado por Aude. O 15 de maio do 1848, intentou constituír un goberno revolucionario, e foi novamente prendido. Napoleón lll indultouno no 1854 e, voluntariamente, marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo e etnólogo francés. Coronel de enxeñeiros en Alxeria, dedicouse ao estudo da música árabe. Foi presidente da Société Historique Algérienne (1956-62). Estableceuse no 1964 en Perpiñán. Como compositor escribiu un centenar de obras, inspiradas en temas norteafricanos. Seducido pola música catalana, no 1968 escribiu Trois aquarelles de la Costa Brava: Riells de Mar, Cala Montgó, Estartit (Tres acuarelas da Costa Brava: Riells de Mar, Cala Montgó, Estartit), para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sobrenome outorgado polos seus partidarios a Simón, xefe da segunda rebelión xudía contra Roma (132-135). A revolta, provocada polo decidido intento de Adriano de romanizar Xudea, foi incitada por diversos rabinos, entre os que destacou ´Aquibà ben Yosef.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio da cidade de Vigo, onde se atopa o orixinario porto da cidade. Estendido no litoral da parroquia de Santa María, constituíu historicamente un arrabalde fóra dos muros da urbe. A expansión das instalacións portuarias ao longo do s XX privouno da súa praia. Non obstante , puido manter o seu carácter mariñeiro e mesmo conservar algunhas tipoloxías arquitectónicas tradicionais do litoral das Rías Baixas, como as casas con soportais e as galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lazo que se forma no fío da la cando se fai o nobelo.

    2. Forma curvada que pode adoptar unha corda ou as vetas da madeira no toro da árbore.

    3. Manta que leva enfeites en forma de lazo que se fan adrede cando se está tecendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten enfeites ou que é arrevesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semideus ou xenio dos antigos exipcios, representado en forma de infante deforme, con rabo de leopardo, protector de maleficios e patrón da música e do baile. Os fenicios adoptárono e difundiron o seu culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • erme que aparece na carne e no touciño.

    VER O DETALLE DO TERMO