"Bié" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 200.

  • SEMANARIOS

    Semanario dominical bilingüe publicado entre 1951 e 1954 en Carballiño, subtitulado “Órgano semanal de Acción Católica do Carballiño”. Colaboraron nel: Ramón Otero Pedrayo, Fariña Jamardo, Luís Padrón, Paulino Pedret Casado, Ferro Couselo e Ánxel Sevillano, entre outros. Contiña información local, temas relixiosos e cultura nas diversas seccións: “Noticiario”, “Aquí Carballiño”, “Deportes” e “Humor”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Amorebieta no mes de marzo de 1872. Os asinantes foron Carlos VII e, en representación do Rei Amadeo I de Savoia, o Xeneral Serrano. O feito que motivou a sinatura do Convenio, que puxo fin ás hostilidades xurdidas pola Terceira Guerra Carlista (1872-1878) en Bizkaia, foi a derrota de Carlos VII en Orokieta. Este convenio, sen embargo, non puido frear o conflito, que se retomou a finais de 1872.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Bizkaia, Euskadi, á beira do río Ibaizabal (15.818 h [1991]). Creouse no ano 1951 pola fusión de Amorebieta e Etxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e doutor en Teoloxía. Foi abade dos mosteiros de Sobrado e Meira. Escribiu Epítome de la vida de la V. Madre Ana de Jesús, discípula de Santa Teresa (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor de Literatura na Universidade de Vigo. Os seus traballos de investigación literaria céntranse na lírica profana medieval. Realizou a edición crítica das Cantigas de Johan de Cangas (1998) e publicou unha Antoloxía de poesía obscena dos trobadores galego-portugueses (1993). No eido da lingüística cómpre salientar a súa participación como redactor do Dicionario da Real Academia Galega (1997). Colaborador en diversas publicacións como Dorna, etc

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Licenciado en Dereito e doutor en Letras, ampliou os seus estudios en Alemaña e posteriormente foi profesor de Dereito Político nas Universidades de Madrid, Bilbao e Deusto. En 1968 ingresou no Partido Nacionalista Vasco (PNV), polo cal foi deputado a Cortes (1977-1979). En 1980 foi elixido Presidente do partido, pero demitiu en 1984. No ano 1986 foi reelixido, así como en anos posteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e historiador castelán. Estudiou clarinete, piano, canto e composición no conservatorio de Madrid. En 1859 fundou os concertos espirituais no Teatro da Zarzuela de Madrid. Escribiu máis de setenta zarzuelas, de entre as que sobresaen: Jugar con fuego (1851), Pan y toros (1864) e El barberillo de Lavapiés (1874). Publicou Cancionero musical de los siglos XV y XVI (1890), Reseña histórica de la zarzuela (1864) e Los últimos amores de Lope de Vega (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia en catro actos, en prosa, de Caron de Beaumarchais, estreada en París en 1775. Beaumarchais creou un personaxe, Fígaro, descendente do Arlequín, de enxeño rápido e de criterio independente, que adquiriu complexidade con As vodas de Fígaro, do mesmo autor. O seu protagonista é o conde Almaviva, namorado de Rosina, rapaza con quen o seu titor ten pensado casar. Gracias ás artimañas do barbeiro Fígaro, o conde Almaviva consegue casar con Rosina. A obra foi musicada, entre outros, por Giovanni Paisiello (1782) e por Rossini (1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Describiu a situación de Italia en Il Pianto (O choro, 1833) e a industrialización inglesa en Lazare (Lázaro, 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera bufa en dous actos de Rossini, con libreto de Sterbini e baseada nunha obra de Caron de Beaumarchais. Foi estreada en Roma en 1816 co título de Almaviva, ossia l’inutile precauzione para diferenciala da ópera de Paisiello, en catro actos e con libreto de Petrosellini co mesmo título e que foi estreada en 1782. Esta peza musical pechou a etapa da ópera bufa e pola súa riqueza temática e orquestral deu unha nova orientación á ópera italiana do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en catro actos de Paisiello con libreto de Petrosellini, estreada en San Petersburgo en 1782, baseada nunha obra de Caron de Beaumarchais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Despois de estudar en Trieste e Florencia, debutou en Florencia (1940) con Il matrimonio segreto (O matrimonio secreto), pero máis tarde orientouse cara aos papeis verdianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Asenjo Barbieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito italiano. Destacou como o autor de L’arte de rimare, publicado no 1790 co título Dell’origine della poesía rimata, que deixou inacabado, onde estudiou as orixes da poesía provenzal e italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico de jazz coñecido co alcume de Gato. Intérprete do saxofón tenor, comezou imitando a John Coltrane e evolucionou cara a formas musicais propias nas que intentou a síntese do free jazz cos ritmos e as melodías latinoamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa de orixe sudafricana. Comezou a bailar co Royal Ballet no 1965 e dende o 1970 foi a bailarina estrela. É unha intérprete exquisita do repertorio romántico, pero tamén demostrou a súa competencia no repertorio moderno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, comunidade de Castela e León (459 h [1996]). A súa actividade económica céntrase na produción de cereais, legumes e castañas, ademais da cría de gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome empregado pola familia de artistas italianos Galli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Angola (70.314 km2; 1.280.000 h [estim 1996]). A capital é Kuito (18.941 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO