barbiere di Siviglia, Il

barbiere di Siviglia, Il
Nome científico: [O barbeiro de Sevilla]
[MÚS/ESPECT]

Ópera bufa en dous actos de Rossini, con libreto de Sterbini e baseada nunha obra de Caron de Beaumarchais. Foi estreada en Roma en 1816 co título de Almaviva, ossia l’inutile precauzione para diferenciala da ópera de Paisiello, en catro actos e con libreto de Petrosellini co mesmo título e que foi estreada en 1782. Esta peza musical pechou a etapa da ópera bufa e pola súa riqueza temática e orquestral deu unha nova orientación á ópera italiana do s XIX.