"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1889-1903), fillo e sucesor de Milan I de Serbia, que abdicou. Ao chegar á maioría de idade (1893), anulou a Constitución do 1888 e intentou fortalecer o absolutismo, pero chocou coa oposición popular. Foi asasinado por un grupo de oficiais dirixido por Dmitrijevic. Foi tamén o derradeiro representante da dinastía Obrenovic e sucedeuno Pedro I de Serbia, da dinastía Karadjordjevic.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lingua arábiga. Variante do árabe, falada polas minorías musulmanas nos estados cristiáns da Península Ibérica despois da eliminación de todo poder político musulmán. En Castela, Aragón e no Principado, estes grupos abandonaron o idioma, e cara ao 1500 só se conservaba algún rastro fonético no uso do castelán e do catalán.

    2. Linguaxe empregada dun xeito inintelixible.

    3. Confusión e barullo que se produce polas voces e berros de moitas persoas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia ou pavor morboso por experimentar sensacións dolorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia aos vehículos, cun temor morboso a viaxar neles ou a ser atropelado por eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Torre de Armariz, preto de Xunqueira de Ambía en Allariz. Algúns xenealoxistas din que procede do rico-home Gonzalo Froila, dos tempos do Rei Ramiro III (s X), parente de san Rosendo e dos condes de Celanova, e fundador do convento de Xunqueira de Ambía, onde existen lápidas sepulcrais de cabaleiros desta caste como o valente Paio Rodriguez de Ambia. Tivo unha descendencia numerosa que deu orixe a dúas ilustres familias de Galicia: os Ambía e os Sotelo. Pertenceu a esta casa Paio Rodriguez de Ambía, quen sostivo en Valladolid un desafío sen término con Rui Páez de Biedma de Ambía. As súas armas levan, en campo de azur, cinco crecentes de ouro (ou prata), coas puntas cara a arriba, colocados en aspa. Outra variante ostenta, en campo de goles, cinco medias lúas de prata, colocadas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ameba.

    2. Causado por amebas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade provocada por diversas especies de ameba (como a Entamoeba histolytica), que, ao se poñeren nos intestinos, poden provocar unha síndrome disentérica ou unha verdadeira disentería (aguda ou crónica). Pode afectar, tamén, a outras vísceras, onde ocasiona abscesos amébicos.

    2. Enfermidade das abellas provocada pola Malpighamoeba mellificae, ameba que se atopa nos tubos de Malpighi (aparello excretor) dos individuos adultos; comporta a destrución do revestimento epitelial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non precisa de osíxeno para vivir.

      1. Microorganismo que non precisa osíxeno libre para vivir (anaerobio facultativo) ou que precisa vivir nun medio no que non exista osíxeno libre (anaerobio estricto).

      2. Organismo que vive en anaerobiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fobia polos individuos do sexo masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade das plantas que non resisten a acción do vento ou daquelas que posúen dispositivos que as protexen contra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode vivir no medio terrestre e no acuático.

    2. Vertebrado da clase dos anfibios.

    3. Clase de vertebrados, anamniotas e ectotermos, caracterizados por ser tetrápodos de pel espida, húmida (o que lles permite ter respiración cutánea) e glandular. A necesidade de manter constantemente húmida a pel leva os anfibios a vivir en zonas máis ou menos húmidas e a ser maioritariamente nocturnos. A reprodución realízase na auga na maioría das especies, mediante unha fecundación xeralmente externa. Os ovos desenvólvense normalmente na auga. Na maioría das especies existe, trala a eclosión do ovo, unha fase de desenvolvemento larvario acuático, ao final do que ten lugar a metamorfose, da que xorde o individuo de vida terrestre. Durante a metamorfose cambian gradualmente de organización: as larvas acuáticas, anatómica e fisioloxicamente moi parecidas aos peixes, adquiren extremidades, perden as branquias (na maioría dos casos) e adquiren tamén pulmóns. Os anfibios presentan distintos sistemas de defensa: poden ter na pel glándulas produtoras de veleno -e entón adoitan presentar coloracións...

      1. Que ten unha dobre natureza, forma de ser ou actuar.

      2. Dise das tropas que son trasportadas en vehículos anfibios desde o barco de transporte e que, unha vez desembarcadas, están preparadas para combater con plena eficacia.

      3. operación anfibia

        Operación militar conxunta na que participan forzas navais e terrestres dirixida contra zonas costeiras, portos ou illas dominadas polo inimigo.

      4. vehículo anfibio

        ehículo capacitado para moverse por terra e por auga. A maior parte dos vehículos anfibios están deseñados cunha finalidade bélica e empréganse para os desembarcos, dende barcos de transporte, e tamén para atravesar ríos e zonas pantanosas. Poden ser do tipo aeroescorregante ou de deseño máis parecido aos vehículos terrestres. É o caso do avión anfibio e do helicóptero anfibio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adversión a Inglaterra ou aos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra os microbios.

    2. Fármaco que combate os microbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión cara ao home e cara á sociedade en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do extremo sudoccidental de Asia, situada entre o Mar Vermello e o Golfo Pérsico (3.000.000 km2). Administrativamente, a Península de Arabia divídese entre Arabia Saudí, Bahrain, os Emiratos Árabes Unidos, Iemen, Kuwait, Omán e Qatar.
    Xeografía física

    Xeomorfoloxía e relevo
    A estrutura xeomorfolóxica da Península de Arabia é relativamente simple: na base atópase un zócolo cristalino basculado cara ao nordeste, que aflora á superficie nos sectores meridional e occidental e, afundíndose suavemente cara ao Golfo Pérsico, vai cubríndose gradualmente de sedimentos cada vez máis recentes. A simplicidade estrutural da Península contrasta coa variedade das formas do relevo. Arabia pode ser dividida nas unidades morfolóxicas seguintes: sectores montañosos occidental e meridional, Na ǧ d, áreas de desertos de area, deserto siríaco, terras baixas do Golfo Pérsico e montañas de Omán. Os sectores montañosos do oeste e do sur...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana creada entre os ss IV e V na parte setentrional do antigo reino Nabateo de Arabia (Arabia Petrea). Con capital en Petra, situábase na parte noroccidental da Península Arábiga, nas actuais Transxordania e sur de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO