Ambía, Igrexa de Santa Eufemia
Ambía, Igrexa de Santa Eufemia
Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.