"Boo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 46.

  • Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para darlle a un foguete espacial pesado a velocidade inicial precisa para poder continuar a marcha do motor principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de actores angloamericanos. Junius Brutus Booth (1796 - 1852), especializado en personaxes shakespearianos, rivalizaba con Edmund Kean, e en 1821 trasladouse aos EE UU. Entre os seus fillos destacaron Edwin Thomas Booth (1833 - 1893), que fundou o Player’s Club de Nova York (1888), e John Wilkes Booth (1838 - 1865), tamén actor, que, ligado á causa sudista, asasinou o Presidente Lincoln.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Armador e sociólogo. Preocupado polos problemas dos traballadores e proletarios, estudiou os seus conflitos no clásico da sociografía Life and labour of the people of London (Vida e traballo da xente de Londres, 1891-1897). Elaborou un proxecto a prol das pensións de vellez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicador inglés. Convertido ao Metodismo, foi predicador ambulante e promoveu un movemento de reviviscencia en Whitechapel chamado Christian Mission (1864), que en 1878 se converteu no Exército de Salvación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do Canadá, no Océano Ártico, pertencente administrativamente ao territorio do Noroeste. A máis setentrional das penínsulas canadenses, está separada da Terra de Baffin polo golfo de Boothia, e da Illa Victoria polo canal MacClintock. Foi descuberta en 1829 polo capitán John Ross, que lle deu o nome en honor de sir Felix Booth, quen financiara a expedición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Merseyside, no NO de Inglaterra, Reino Unido (62.463 h [1981]). Inclúe o sector norte dos peiraos do esteiro de Mersey, onde traballa a maior parte da súa poboación. Destacan os seus estaleiros de reparación naval, as fábricas de maquinaria e de produción de fío de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. Baseándose na escola francesa de Barbizon e na tradición holandesa, contra o 1885 iniciou a escola da Haia, orixe do renacemento artístico holandés. Pintou paisaxes con reminiscencias románticas e, sobre todo, interiores de igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista holandesa. É autora de Gideon Florensz (1854-1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Book of Common Prayer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista belga. Membro do Quatuor Isaye (1884-1894), estableceuse en Barcelona en 1895. Formou trío con Granados e Pau Casals e en 1897 fundou a Societat Filharmònica de Barcelona. En 1910 nomeárono profesor de violín do conservatorio de Liexa e en 1919 do de Bruxelas. É autor de obras de cámara, dunha colección de estudios de violín e de dúas obras sobre a aprendizaxe do violín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo que resulta de cortar os oito ángulos sólidos dun cubo, de maneira que resulta un poliedro con oito caras que son triángulos equiláteros e seis caras cadradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación catastral feita en Inglaterra por orde de Guillerme o Conquistador (1027-1089) no 1086. Contiña unha descrición detallada da distribución e do valor das propiedades. Empregouse para fixar os dereitos fiscais do rei e achegou importante información para estudar a historia agraria da Inglaterra medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede social creada polo estudante de Harvard, Mark Zuckerberg en febreiro do 2004 para estar en contacto cos compañeiros da universidade. O sitio popularizouse rapidamente en Harvard, de alí o seu uso estendeuse entre alumnos das universidades estadounidenses e en pouco tempo en todo o mundo. É unha ferramenta que permite comunicarse con amigos, familiares ou compañeiros de traballo compartindo información de todo tipo. No ano 2009 conta con máis de 200 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e redes segundo a situación xeográfica, académica ou laboral ou por gustos e intereses. O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de “facebook” ou, en galego “libro de caras”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores orixinaria de Lugo, activa no s XVIII. Iniciouse coa obra de Bieito González Rioboo, quen traballou co seu fillo Bieito Antonio González Rioboo na catedral de Lugo. Xunto con Agostiño Vaamonde realizou o retablo maior do convento de San Francisco de Monforte de Lemos. Bieito Antonio traballou co seu irmán Bernardo González Rioboo na capela maior de Fingoi en Lugo. O seu irmán Xosé González Rioboo foi pintor e traballou na catedral de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número asignado a cada libro publicado ou a unha nova edición e que o identifica dunha forma exacta en todo o ámbito internacional. Emprégase tanto en biblioteconomía como comercialmente, e está formado por dez números divididos en catro grupos. Os tres primeiros indican o país, a editorial e a edición, e o cuarto é un identificador especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de reservas de prazas sobre o número dispoñible. Prodúcese cando as empresas, para garantir a plena ocupación, contratan, contando coas anulacións, un número de reservas superior á súa capacidade real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 922 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Book of Common Prayer.

    VER O DETALLE DO TERMO