"Borgoña" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 30.
-
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria, Austrasia e Borgoña (743-751). Derradeiro rei merovinxio, foi proclamado por vontade dos mordomos do palacio, Carlomán e Pipino, fillos de Carlos Martel. Foi desposuído e enviado ao mosteiro de Sithiu cando Pipino tomou o título de rei dos francos en 751.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1305-1315), filla do duque Roberto II de Borgoña. Casou en 1305 co Rei Luís I de Navarra (Luís X de Francia). Acusada de adulterio e de maxia, o seu marido fíxoa asasinar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa titular de Borgoña, duquesa de Brabante e Limburg, e condesa de Borgoña e Flandres (1447-1482), filla de Carlos I de Borgoña o Temerario. Casada co Emperador Maximiliano I, foi a nai de Filipe I o Fermoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Borgoña, fillo de Guillerme I, conde de Borgoña, e pai de Afonso VII. Chegou á Península Ibérica en 1086 coa cruzada organizada para apoiar a Afonso VI na súa loita contra os almorábides, tras o desastre sufrido por este último na Batalla de Sagrajas (1086). Casou coa infanta Urraca e recibiu de Afonso VI os condados de Galicia (1092) e Portugal (1093), cedendo este último o seu curmán Enrique de Borgoña. En 1094 recibiu o goberno da comarca de Zamora e dirixiu a repoboación de Salamanca, Ávila e Segovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Raúl de Borgoña.
-
PERSOEIRO
Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Borgoña (595?-613) e de Austrasia (612-613), fillo de Khildeberto II, sucedeu a este en Borgoña. Estableceuse en Orléans e comezou a reinar baixo a titoría da súa avoa Bruniquilda, que residía en Metz co seu irmán maior Teodoberto II de Austrasia. En 610 tentou invadir Alsacia e tivo fortes loitas co seu irmán Teodeberto II, que venceu en Toul en 612 e así se coroou rei de Austrasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei franco de Neustria e Borgoña (673 e 675-691) e de Austrasia (679-691), irmán e sucesor de Clotario III. Durante moitos anos foi pupilo do mestre de palacio Ebroín, quen o impuxo como rei de Neustria á morte do seu irmán. Deseguido foi deposto pola nobreza. Morto Khilderico II de Austrasia en 657, volveu ser nomeado rei, pero Ebroín derrotouno e opúxolle ao seu fillo Clodoveo III. Chegaron a un entendemento e Ebroín protexeuno de novo e impúxoo en Austrasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (1404-1419) e conde de Nevers (1384-1419), fillo de Filipe II de Borgoña e de Margarida de Flandres. Ao producirse a demencia de Carlos VI de Francia, disputoulle á casa de Orléans o reino. En 1407 fixo asasinar o duque de Orléans e en 1408 foi nomeado señor de París. Ao reiniciarse a Guerra dos Cen Anos (1414), aliouse con Enrique V de Inglaterra, e en 1418 volveu entrar en París, de onde fuxira en 1413 por mor da revolta cabochienne. Despois da toma de Rouen polos ingleses, tentou negociar a paz con Carlos, delfín de Francia, pero foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO