Rodolfo II de Borgoña

Rodolfo II de Borgoña

Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.