"Bury" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga capital de Rhodesia. Ao converterse esta en Zimbabwe, tomou o nome de Harare.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Salisbury.
-
PERSOEIRO
Político británico, III marqués de Salisbury. Foi secretario para India nos gabinetes de E. Stanley (1866-1867) e B. Disraeli (1874-1878). Ministro de Asuntos Exteriores e, máis tarde, primeiro ministro en tres ocasións entre 1885 e 1902, orientou a súa acción política cara ao desenvolvemento do Imperio Británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico, primeiro conde de Shaftesbury. Durante a guerra civil (1642-1649), comezou loitando a favor do rei, pero en 1644 abandonou a causa realista e pasouse ao Parlamento. Acabada a guerra, converteuse en home de confianza de O. Cromwell. Cara a 1660 pasouse á causa da restauración e foi membro do consello privado de Carlos II de Inglaterra, que o ennobreceu e o fixo lord chanceler (1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político. Elaborou unha moral natural que excluía toda sanción extrínseca dos actos humanos e propugnou unha felicidade feita de bo humor, contraposta ao entusiamo e ao fanatismo. Das súas obras destacan An Inquiri Concerning Virtue (1699), The Sociable Enthusiast (1705) e Soliloquy, or Advice to an Author (1710).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado de Shropshire, Inglaterra, Reino Unido (95.850 h [2001]). Está situada no curso alto do Severn.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada na provincia de Ontario, Canadá (85.354 h [2001]). É un dos centros máis importantes do mundo da extracción, fundición e refinamento do níquel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Tarso, Cilicia 602 - Canterbury 690) Arcebispo de Canterbury. Formado en Siria e Atenas, foi a Roma, como monxe, onde, en 668, foi consagrado inesperadamente arcebispo de Canterbury polo Papa Vitaliano. Organizou e engadiu oito sés ás catro que tiña e obtivo a obediencia do bispo de York Wilfrido. A súa festividade celébrase o 19 de setembro.
-
CIDADES
Cidade do estado de Connecticut, Nova Inglaterra, EE UU (107.271 h [2000]). É o centro máis importante de produción de folla de lata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Chartres. Secretario do arcebispo de Canterbury, escribiu Polycraticus, unha crítica de costumes, Metalogicon (1159) e Entheticus, crítica dos falsos filósofos, unha Historia pontificalis e as biografías de santo Anselmo e san Thomas Becket. O arcebispo galego Pedro Helías foi un dos seus instrutores de retórica en Chartres.
VER O DETALLE DO TERMO