Shaftesbury, Anthony Ashley Cooper
Shaftesbury, Anthony Ashley Cooper
Político británico, primeiro conde de Shaftesbury. Durante a guerra civil (1642-1649), comezou loitando a favor do rei, pero en 1644 abandonou a causa realista e pasouse ao Parlamento. Acabada a guerra, converteuse en home de confianza de O. Cromwell. Cara a 1660 pasouse á causa da restauración e foi membro do consello privado de Carlos II de Inglaterra, que o ennobreceu e o fixo lord chanceler (1672).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Wimborne St. Giles, Dorset -
Deceso
Lugar : Amsterdam