"CEG" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 32.

  • Relativo ou pertencente ao sistema de unidades CGS, baseado no centímetro, no gramo e no segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Coñecido tamén como Dídimo de Alexandría, dirixiu a escola cristiá de Alexandría (340-395). Entre os seus discípulos sobresaen Paladio, Rufino e Xerónimo. Seguidor de Oríxenes, a súa doutrina foi condenada nos concilios xerais sexto e sétimo. Consérvanse fragmentos das súas obras De Trinitate (Sobre a Trindade) e De Spiritu Sancto (Do Espírito Santo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada en 1995 por José Saramago, autor portugués distinguido co Premio Nobel de Literatura en 1998. Segundo o seu autor, esta novela é a primeira dunha triloxía “involuntaria” sobre a súa visión do mundo actual, conformada por Todos os nomes (1997) e A caverna (2000), na que desenvolve, mediante un discurso alegórico, a historia dunha sociedade atacada de súpeto por unha inexplicable cegueira   e na que pinta unha paisaxe desoladora da condición humana. Comeza co berro esgazado dun home que, atrapado no seu automóbil, se decata de que está cego. Este protagonista, do que non se sabe o nome e que se identifica na novela coa fórmula “o primeiro cego”, descóbrese rodeado por unha brancura total que lle inutiliza os ollos. Esta é a orixe dunha curiosa peste ocular que, pouco a pouco, pero decididamente, se estende pola cidade anónima da novela. Cando resulta evidente que o mal é contaxioso, o goberno decide illar as víctimas nun antigo manicomio abandonado. A esposa do oftalmólogo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de fiúza porque é honrado e cumpre a súa palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1130-1135), neto de Magnus III e fillo de Sigurd Jorsalafare. A súa vida licenciosa provocou unha revolta na corte, dirixida polo rexente Harald Gille e apoiada por un exército danés.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. morcego da fraga [Barbastella barbastellus, Fam dos vespertiliónidos]

        Quiróptero de tamaño medio (entre 4,4-5,8 cm), que presenta as orellas anchas e curtas, ao igual ca o fociño, e que pode atoparse en zonas boscosas e de montaña.

      2. Calquera mamífero da orde dos quirópteros, que se caracterizan por ser os únicos mamíferos que poden voar activamente, e posuír extremidades anteriores modificadas en ás membranosas, e extremidades posteriores que utilizan só para sustentarse en repouso. Teñen as orellas grandes, e algúns o nariz grande, para poder captar os sons que emiten para orientarse no espazo e capturar o seu alimento (ecolocación). Son nocturnos, e a alimentación é variable, de aí que existan especies vexetarianas, insectívoras (como todos os morcegos da Península Ibérica) e hematófagas (vampiros). Os seus principais inimigos son algún estrixiformes, polo que se refuxian en diversos sitios. Na Península Ibérica, existen especies que pertencen ás familias dos rinolófidos (morcegos de ferradura, do xénero Rhinolophus), dos vespertiliónidos (xéneros Myotis, Pipistrellus e Plecotus), e dos molósidos (non presentes en Galicia). En Galicia, as especies máis comúns son o morcego mediterráneo...

      3. morcego de ferradura

        Morcego do xénero Rhinolophus, da familia dos rinolófidos, que se caracteriza por posuír un nariz (de valor taxonómico) con excrecencias cutáneas, a través do que emiten, coa boca pechada, os sons de ecolocalización. Destaca o morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), que habita en bosques e repousa nos ocos das árbores; o morcego grande de ferradura (R. ferrumequinum), que tamén habita en zonas boscosas, e repousa tanto nas árbores como en covas cálidas; e o morcego mediterráneo de ferradura (R. euryale). OBS: Tamén se denomina rinolofo.

      4. morcego de monte [Pipistrellus savii, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4,3-4,8 cm de lonxitude, que presenta as orellas curtas e anchas e o pelame escuro. Atópase na montaña ata os 2.600 m de altitude, e repousa nos ocos das árbores e nos nichos rochosos.

      5. morcego de orellas fendidas [Myotis emarginatus, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4-4,5 cm de lonxitude, que presenta as orellas grandes cunha fendedura na metade superior do bordo exterior, moi bigotudo e con coloración escura.

      6. morcego orelludo meridional [Plecotus austriacus, Fam dos vespertiliónidos]

        Morcego de entre 4,6-5,3 cm de lonxitude, que presenta as orellas moi grandes que oculta debaixo das ás cando descansa, e que pode atoparse en hábitats abertos.

    1. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘mulo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro que creou Celso Parada en Moaña. Os seus espectáculos insírense no xénero da comedia, con textos de carácter social ou de denuncia. Iniciou a súa andaina coa presentación en 1989 de Kartoteka, a partir do texto de Tadeusz Rozewic. Dos seus espectáculos destacan Misterio cómico, dirixido por Julio Cardoso sobre un texto de Darío Fo (1991, Premio Compostela á mellor dirección e ao mellor actor, 1992), Dobermann, de Antón Reixa, dirixido por Quico Cadaval (1993, Premio Compostela ao mellor texto orixinal), O Lazariño de Tormes, dirixido por Andrés Pazos (1997, Premio María Casares á mellor versión, 1998), Os vellos non deben de namorarse, dirixido por Celso Parada (2001), Momo (2002, Premio María Casares ao mellor vestiario) e A gran ilusión, de Eduardo Filippo e dirixido por Celso Parada (2003, Premio María Casares á mellor actriz e ao mellor vestiario, 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León, a 15 km ao SO da capital provincial (1.637 h [2001]). O principal sector económico é a industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Rusia, na República dos Komis e na oblast’ de Arkhangel’sk, afluente principal do Dvina Setentrional (1.130 km de lonxitude). Nace no extremo meridional da cordilleira de Timan, e os seus principais afluentes son o Sysola, Višera e o Vym’. Pasa polas cidades de Syktyvkar, no curso medio, e Kotlas, antes de desembocar no Dvina.

    VER O DETALLE DO TERMO