"CIG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de mosaicos atopados na Cigarrosa no lugar que ocupou o asentamento romano Calubriga dos Guigurros. O primeiro mosaico apareceu en 1896 durante as escavacións dirixidas por Marcelo Macías. Trátase dun recinto rectangular cuberto con escenas nas que se mesturan os motivos mariños e vexetais coas formas xeométricas: moluscos, axadrezados, ourizos, etc. Sobre fondo branco predominan as cores azuis, vermellas, amarelas, rosas e grises. No segundo mosaico, descuberto en 1969, represéntanse, só en parte, unha escena mariña sobre fondo branco. O acceso a ambos os dous mosaicos realizábase por medio dunha escalinata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción de enxeñería romana que serviu para atravesar o río Sil entre a Rúa e Petín, no lugar onde se supón que estivo a mansión Forum Cigarrorum, na vía 18 do Itinerario Antonino. Da orixinaria ponte romana, que chegou a acadar 6,5 m de ancho, só restan os alicerces directamente fincados sobre as rochas. Durante a Idade Media debeu sufrir algunha reconstrución, xa que este itinerario volveu ter importancia para o paso dos peregrinos que se dirixían ao santuario da Virxe das Ermidas ou ben querían enlazar coa Ruta da Prata ou co Camiño Francés. En 1575 foi reconstruída polo mestre canteiro Juan de Nobeda que posiblemente lle deu o aspecto actual, con cinco arcos.
-
PERSOEIRO
Novelista, xornalista e político. Cultivou o xornalismo político en Cuba, onde estivo preso, e en Zaragoza. Residiu en París e Madrid, onde foi redactor de El Imparcial e militou en Acción Republicana. Publicou a tetraloxía autobiográfica Del cautiverio (1903), Del hospital (1906), Del cuartel y de la guerra (1906) e Del periódico y de la política (1907), e a novela El juez que perdió su conciencia (1925). Sendo gobernador de Ávila, foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Francesco Albani, a súa obra caracterízase pola minuciosidade e polo seu perfecto acabado. Realizou a decoración do palacio de Boloña, o fresco da Asunción da Virxe e o Paraíso na cúpula da catedral de Forlì. En 1711 converteuse no primeiro presidente da Accademia Clementina de Boloña. O seu fillo Felice Cignani (Boloña 1660 - 1724) e o seu sobriño Paolo Cignani (Boloña 1709 - 1764) foron tamén pintores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Activo en Verona, realizou pintura histórica e relixiosa dentro dun estilo académico plasmado en Morte de Raquel e A fuxida a Exipto. Fundou a Accademia de Verona da que foi director en 1762.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula hipotética, anunciada en 1988, electricamente neutra e estable, que produciría gran cantidade de muóns polas súas interaccións na atmosfera. Cunha masa mil veces menor ca a do electrón, propúxose para explicar as características dos raios cósmicos que chegan na dirección da fonte de raios X Cisne X-3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘unión’. Ex: cigospora, cigomorfo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o segundo dedo e o terceiro de cada pata dirixidos cara a adiante e o primeiro e o cuarto cara a atrás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ludovico Cardi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pómulo.
-
-
Relativo ou pertencente aos cigomicetos.
-
Fungo da clase dos cigomicetos.
-
Clase de fungos terrestres nos que ten lugar a reprodución sexual por fusión de dous gametanxios que dan lugar a un cigoto, de parede grosa que, cando xermina, orixina o esporanxio. Existen unhas 900 especies pertencentes a tres ordes: as mucorais, as glomais e as entomoftorais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a calquera órgano, parte de órgano ou organismo que ten simetría bilateral, isto é, nun só plano de simetría.
-
-
Relativo ou pertencente aos cigópteros.
-
Insecto da suborde dos cigópteros.
-
Suborde de odonatos de libélulas que, no estado adulto, presentan catro alas de igual tamaño que se manteñen xuntas na maioría dos xéneros cando o animal está pousado. Pertencen a este grupo as familias dos calopteríxidos, cenagriónidos, epaláxidos, léstidos e platicnemídidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión sexual de dous organismos unicelulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nos cigomicetos, conxunto de cigotos que resultan da unión de dous cenogametos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo dos cesteiros de Mondariz e do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘puta’ e ‘sota (da baralla)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo período da profase da primeira división meiótica, no que as forzas atractivas fan que os cromosomas homólogos se emparellen con precisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula con dobre dotación cromosómica formada pola fusión dun gameto feminino cun gameto masculino antes de comezar a segmentación. No ciclo reprodutor dos seres vivos, o estadio de cigoto é dunha importancia vital porque nel ten lugar a unión da dotación hereditaria dos dous proxenitores. É un estadio de pouca duración xa que rapidamente empeza a diferenciación para constituír o embrión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torre con chanzos que ten forma dunha pirámide truncada á que se accede por medio de rampas e que acolle un templo no último piso ou terraza. É un elemento característico da arquitectura mesopotámica; a bíblica torre de Babel puido adoptar esta estrutura. Destacan as ruínas do cigurat de Ur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
guigurro.