"Caio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Coñecido como Luscinus, foi cónsul no 282 a C. Enfrontouse cos samnitas e cos brucios e derrotou os lucanos que sitiaban Turín. Derrotado na Batalla de Heraclea, negociou con Pirro a devolución dos prisioneiros romanos (280 a C) e rexeitou as presións e os subornos que lle ofreceu este monarca. Elixido de novo cónsul no 278 a C, ao ano seguinte exerceu o cargo de censor con gran dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Tribuno da plebe (232 a C), aprobou unha lei sobre o reparto das terras conquistadas aos senóns entre o pobo. Pretor en Sicilia no 227 a C, accedeu ao consulado no 223 a C. Como censor (220 a C), fixo construír o circo Flaminio e a vía Flaminia. No 217 a C foi elixido de novo cónsul e foi derrotado por Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (283-296). Prohibiu que se ordenase bispo a quen non exercera outros ministerios inferiores. A súa festa celébrase o 22 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (305-311). Asociado ao trono por Diocleciano (293), dentro do esquema tetrárquico, loitou contra os godos (295) e contra os persas (297-298). Invadiu Armenia e estendeu o Imperio Romano ata o Éufrates. Trala abdicación de Diocleciano (305) converteuse en emperador con poder sobre Italia e Oriente. Mantivo unha política de tolerancia cara aos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Loitou en Numancia (133 a C) e foi un dos triunviros elixidos para aplicar a lei agraria do seu irmán. Cuestor en Sardeña (126 a C-124 a C), foi elixido tribuno da plebe (123 a C) e formulou diversas reformas que apoiaban a soberanía popular, aprobou unha lei que prohibía a represión violenta dos cidadáns sen xuízo previo e promulgou unha lei frumentaria. Reelixido en 122 a C, presentou as leis das colonias e unha norma pola que pretendía outorgarlles o dereito romano aos itálicos, pero sufriu os ataques da oligarquía. Fracasou na súa reelección en 121 a C e retirouse da política. Suicidouse despois dos enfrontamentos entre a plebe e as tropas do cónsul Lucio Opimio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado que acompañaba a un cabaleiro á guerra.

    2. Criado que acompañaba ao seu amo para prestarlle os seus servicios.

    3. Persoa que adula en extremo e de forma servil a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Amigo de Escipión Africano, acompañouno a Hispania en 196 a C como pretor e seguiuno despois a Sicilia e a África. Foi procónsul de Sicilia (194 a C-193 a C), cónsul da Galia Cisalpina en 190 a C e procónsul ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino tardío Leocadia, que pode ser unha adaptación do grego Leukadia ‘a branca’, ‘a resplandecente’, derivado de λευκος      ‘branco luminoso’. Presenta as variantes Lucaio/Lucaia e Leocadio/Leocadia (cultismo). Destaca con este nome santa Locaia (s IV). A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Locaio/Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. Entre 134 e 133 a C participou na Guerra Numantina e formou parte do círculo helenizante dos Escipións. Escribiu trinta libros de Sátiras, aínda que só se conservan 1.300 versos. Creou o xénero da sátira e deulle a forma métrica e a linguaxe definitivas. Vigoroso na invectiva e no retrato, atacou a todos os homes do seu tempo e uniu á polémica político-moralista, a polémica filosófica e a literaria. Influíu na literatura latina posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘cigarro’ e ‘tabaco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Tribuno (66 a C), foi acusado de concusión e logo de abandonar o cargo, sufriu un proceso de lesa maxestade e foi condenado en rebeldía. Foi o promotor da Lex Manilia de imperio Cn. Pompei, que abandonaba o principio da anualidade das maxistraturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Fillo dunha familia labrega, iniciou a carreira política como tribuno militar coa axuda dos Metelos. Cuestor e tribuno da plebe (119 a C), foi cónsul en 107 a C e reelixido entre o 104 e o 100 a C. Derrotou os teutóns en Aquae Sextiae (102 a C) e os cimbros en Campi Raudii (Batalla dos Campos Raudios, 101 a C). No transcurso destas campañas modificou substancialmente a estrutura do exército romano, que se profesionalizou, pero o seu intento de favorecer os seus veteranos levouno a perder as simpatías populares. Posteriormente enfrentouse con Lucio Cornelio Sula, que accedera ao consulado (88 a C), e cos conservadores nunha guerra civil, pero fracasou na súa loita e tivo que fuxir a África. Coa axuda de Cinna ocupou Roma (86 a C) e castigou duramente os seus adversarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro romano. Foi un dos principais conselleiros de Augusto e fomentou o desenvolvemento cultural do seu contorno, apoiando economicamente os poetas Virxilio, Horacio e Propercio. Por este motivo o seu nome pasou a ser empregado para designar, de forma xeral, os promotores e protectores das artes e das letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul en 38 a C, foi procónsul en 35 a C na Península Ibérica e dirixiu unha campaña contra os pobos prerromanos situados na parte occidental. En 34 a C fundou a colonia de Norbensis Caesarina (Cáceres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tribuno da plebe romano. En 215 a C, durante a guerra contra Aníbal, propuxo a creación da Lex Oppia, para reprimir o luxo e a fastosidade das damas romanas. En 195 a C foi revogada, a pesar da oposición de Catón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (193-194). Fixo a carreira militar e ingresou no Senado. Foi gobernador de Siria tras o asasinato de Pertinax (191), pero, derrotado por Setimio Severo, fuxiu e foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño e fillo adoptivo de Plinio o Vello. Coñecido como Plinio o Mozo, formouse con Quintiliano, exerceu como avogado e ocupou diversos cargos civís e militares. Autor do Panegyricus Traiano ditus, protexeu a algúns literatos da época e os cristiáns, que previamente condenara ao suplicio. Amigo de Tácito, estimou a elocuencia e proclamouse seguidor de Cicerón e Demóstenes, pero a súa oratoria foi artificial, como tamén as súas máis de 350 Epistulae, ordenadas en dez libros, que constitúen a parte máis importante da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Coñecido co nome de Plinio o Vello, autor segundo o seu sobriño de obras históricas e gramaticais, cun estilo máis científico ca literario. Membro da clase dos equitas, cando subiu ao poder Vespasiano recibiu cargos de confianza. Redactou entón unha historia de Roma, hoxe perdida, e a Naturalis Historia, dedicada a Tito e publicada no ano 77, a súa única obra conservada, en que constan moitos datos. Conselleiro de Tito, estaba considerado un dos homes máis eruditos da Roma da época. Partiu o 24 de agosto do ano 79 para tomar notas da erupción do Vesubio e morreu nesta empresa, sepultado pola corrente volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político romano. De familia acomodada, pero non nobre, estudou en Roma. César, amigo e protector seu, outorgoulle o cargo de cónsul en África (46 a C), pero cando este morreu, deixou a política activa e dedicouse ás letras. Coa súa fortuna construíu no Quirinal unha casa chea de obras de arte e rodeada de xardíns (Horti Sallustiani). Escribiu dúas monografías, Bellum Catilinae (A conxuración de Catilina) e Bellum Iugurthinum (A guerra de Xugurta), ambas as dúas de estilo sobrio e elegante, que se converteron en modelos dos historiadores futuros. Foi autor tamén de Historiae.

    VER O DETALLE DO TERMO