Mario, Caio

Mario, Caio

Xeneral e político romano. Fillo dunha familia labrega, iniciou a carreira política como tribuno militar coa axuda dos Metelos. Cuestor e tribuno da plebe (119 a C), foi cónsul en 107 a C e reelixido entre o 104 e o 100 a C. Derrotou os teutóns en Aquae Sextiae (102 a C) e os cimbros en Campi Raudii (Batalla dos Campos Raudios, 101 a C). No transcurso destas campañas modificou substancialmente a estrutura do exército romano, que se profesionalizou, pero o seu intento de favorecer os seus veteranos levouno a perder as simpatías populares. Posteriormente enfrentouse con Lucio Cornelio Sula, que accedera ao consulado (88 a C), e cos conservadores nunha guerra civil, pero fracasou na súa loita e tivo que fuxir a África. Coa axuda de Cinna ocupou Roma (86 a C) e castigou duramente os seus adversarios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arpinum

  • Deceso

    Lugar : Roma