"Canis" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 23.

  • Servosistema que ten unha saída constituída por un sistema mecánico. Actúa sobre unha máquina ou un sistema regulado en que a variable controlada é unha posición mecánica. Adoita ter unha amplificación do sinal de comando para o accionamento da máquina. Os servomecanismos poden ser puramente mecánicos ou ben electromecánicos (electromagnéticos ou electrónicos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á política da Cidade do Vaticano.

    2. Partidario da supremacía do papado en cuestións políticas.

    3. Coñecedor da organización, a estrutura e a diplomacia da Cidade do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno xeolóxico que consiste na erupción de material rochoso fundido (magma) na superficie da Terra. Deuse practicamente en todos os lugares da superficie e distribúese preferentemente nas zonas activas tectonicamente, que coinciden cos cintos sísmicos, que á súa vez se corresponden coas zonas oroxénicas e cos rifts. Os volcáns, a escala global, sitúanse preferentemente en zonas de subdución, principalmente nos arcos de illas e os cintos oroxénicos que rodean o Pacífico. O vulcanismo relacionado con límites de placas diverxentes sitúase principalmente nas dorsais centrooceánicas, pero tamén en rifts continentais. Máis raramente se dan volcáns en zonas de fallas transformantes. Tamén existe o denominado vulcanismo intraplaca, que orixina volcáns illados que son interpretados como orixinados por un punto quente; o mellor exemplo atópase nas illas Hawai. Cómpre ter en conta que o vulcanismo submarino pode ser o máis importante en canto ao volume, debido a que só se detectan...

    VER O DETALLE DO TERMO