servomecanismo

servomecanismo

(< servo- + mecanismo)

s m [TECNOL]

Servosistema que ten unha saída constituída por un sistema mecánico. Actúa sobre unha máquina ou un sistema regulado en que a variable controlada é unha posición mecánica. Adoita ter unha amplificación do sinal de comando para o accionamento da máquina. Os servomecanismos poden ser puramente mecánicos ou ben electromecánicos (electromagnéticos ou electrónicos).

Palabras veciñas

servodirección | servofreo | Servoi | servomecanismo | servomotor | servosistema | servoválvula