servosistema

servosistema

(< servo- + sistema)

s m [TECNOL]

Sistema provisto de retroacción. Actúa accionado polo sinal de erro e caracterízase polo circuíto ou bucle de retroacción (bucle pechado). As magnitudes que nel interveñen son a entrada, a saída, o retorno ou retroacción, o sinal de erro, as perturbacións e a alimentación. Os servosistemas poden ser lineais ou non lineais, segundo que o sexan ou non as ecuacións diferenciais que o definen. Un regulador automático constitúe un caso particular de servosistema en que a entrada se mantén constante; entón este mantén tamén constante a saída, a pesar das perturbacións. Realizáronse dous tipos de servosistemas: os electrohidráulicos e os electromecánicos.

Palabras veciñas

Servoi | servomecanismo | servomotor | servosistema | servoválvula | Serxio | Serxio