"Chao" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 63.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Ana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma plural correspondente a Chao, apelido galego de orixe toponímica que remite ao latín planu ‘lugar chan’. Atéstase moi cedo baixo a forma latina: “Pelagio Suariz de Planos” (doc ano 1103 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 265). Esta forma correspóndese coa zona centroriental do territorio galego fronte a Chans que é propia do occidente.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dous lobos de sable, pasantes, armados e lampasados de goles, postos en pao; bordo de goles con oito aspas de prata. Outra variante leva, en campo de azul, unha estrela de ouro, cargada de tres flores de lis de azul.
-
-
MONTES
Monte da serra do Piornal, nos Ancares, que serve de límite aos concellos das Nogais e Pedrafita do Cebreiro, e ás súas respectivas parroquias, Nullán e Padornelo. O seu cumio acada os 1.260 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa Apolonia, que foi integrada na de Xava despois de 1887.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo orixinario de Chaource, na rexión francesa de Champagne, elaborado con leite graxo de vaca. Ten a pasta cremosa e mol e a codia balorecida. Presenta o olor propio da adega na que madura, entre tres semanas e dous meses. Comercialízase en pezas pequenas, de ata medio quilogramo.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Liaoning, na rexión NL, en China (222.394 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Guangdong, na rexión Centro-Sur, en China, situada na desembocadura do río Han (313.469 h [1990]). Destaca pola súa importancia comercial o porto fluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe dos arredores de Laxe que emprega tamén as formas Churruchaos, Churrichaos, Churruchano e Torrichaos. Son os Suárez de Deza e tiveron como casa principal a Torre de Rodeiro. As súas armas levan, en campo de ouro, un castelo de pedra, sobre ondas de azul e prata, con tres peixes nadando. Outra variante trae, en campo de azul, unha torre de pedra, acompañada de dúas cambas, de prata, nos cantóns do xefe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre de trazas góticas situada no núcleo histórico de Pontevedra. Construíuse a finais do s XV ou principios do s XVI baixo o patrocinio de Paio Gómez de Soutomaior. Modificada pola destrución de parte dos seus atributos ornamentais, conserva os escudos de armas dos Soutomaior e dos Ulloa nas fachadas principais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución alemá con sede en Berlín dedicada á investigación da Antigüidade clásica do mundo mediterráneo e do Próximo Oriente. A súa orixe está no Istituto di Correspondenza Archeologica, fundado en 1829 e trasladado a Berlín en 1832. En 1874 creouse a sección de Atenas e posteriormente as do Cairo, Istambul, Madrid (1943), Bagdad e Teherán; e dúas comisións, unha en Frankfurt e outra en Múnic. En 1979 estableceuse en Bonn a Kommission für Allgemeine und Vergleichende Archäologie (Comisión para a arqueoloxía xeral e comparada), dedicada á arqueoloxía de fóra de Europa e do Vello Mundo. En 1996 creouse a sección do Próximo Oriente que uniu a sección de Bagdad e as estacións de Damasco e Sinaí, establecidas con anterioridade. Entre outras actividades organiza escavacións, expedicións, coloquios e congresos. Conta cun arquivo bibliográfico e outro fotográfico.
-
GALICIA
Pintor. Colaborou en Gruporzán e pertenceu o grupo Nouvelle-Figuration, co que defendeu o neosimbolismo como linguaxe artística. A súa obra evolucionou desde uns inicios figurativo-coloristas ata un expresionismo simbólico de densos empastes matéricos. Desde mediados da década de 1990, a súa obra caracterizouse pola representación de símbolos que reflicten unha confrontación dualista da sociedade; entre outras series, destacan Duidades (1995-1996), Tempo detido (1997), Omphalos (1998), Labiritos (1999) e En la red (2000). Desde 2000 incorporou novos materiais e elementos plásticos, como a fotografía e a impresión dixital, en Cachitos de cielo (2000-2002) e Ensaios (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilapedre (Vilalba). O seu cumio acada os 750 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Cadramón (O Valadouro). O seu cumio acada os 1.039 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Piornedo (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.514 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilapedre (Vilalba). O seu cumio acada os 884 m de latitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicóloga e folclorista. Interesada polas tradicións populares, cancións, instrumentos, traxes e costumes, dedicou a súa atención á obra do músico humanista Francisco de Salinas, á de Dámaso Ledesma e á de Sánchez Fraile. Ocupouse, tamén, do Cancionero popular gallego de Eduardo M. Torner e Xesús Bal e Gay.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Triacastela e A Balsa (Triacastela). O seu cumio acada os 1.056 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO