"Consol" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Falta de consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser consolado ou que non ten consolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne, de ata 60 cm de altura, con rizoma groso do que xorden talos angulosos. Ten follas ovais, sésiles e de cor verde clara, as flores tubulares e cor branca verdosa dispostas sobre pedúnculos finos nas axilas das follas e froito en baga negra azulada cando madura. Florece entre maio e xuño en lugares sombrizos. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Sassetta, foi autor do políptico (1437), hoxe desmembrado, e do altar maior da catedral de Borgo San Sepolcro, co que mostrou un coñecemento das innovacións en perspectiva introducidas pola escola florentina. É autor tamén dun tríptico da Virxe co neno, san Martiño e o pobo (1433) e Visión de San Tomé que mostran a influencia de Duccio e S. Martini.

    VER O DETALLE DO TERMO