soldaconsolda
soldaconsolda
Nome científico:
[Polygonatumodoratum, Fam das liliáceas]
s
f
[PLANTA]
Planta perenne, de ata 60 cm de altura, con rizoma groso do que xorden talos angulosos. Ten follas ovais, sésiles e de cor verde clara, as flores tubulares e cor branca verdosa dispostas sobre pedúnculos finos nas axilas das follas e froito en baga negra azulada cando madura. Florece entre maio e xuño en lugares sombrizos. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.