"Constantí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • PERSOEIRO

    Rei asénida de Bulgaria (1257-1277). Sucedeu a Miguel I e casou con Irene Lascaris, filla de Teodoro II, e máis tarde con María Cantacuze. Loitou contra os húngaros, os bizantinos e os mongois. No interior do país viviu un período de revoltas, e nunha delas, dirixida polo pastor Ivajlo, foi destronado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (767-768). Foi imposto polo seu irmán, duque de Nepi, xefe da aristocracia laica, como sucesor de Paulo I e foi deposto pola aristocracia clerical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (407-411). Elixido polo exército en Britania, estendeu a súa autoridade pola Galia e Hispania, sometida polo seu fillo Constante. Recoñecido polo Emperador Honorio, foi derrotado e morreu a mans do exército imperial dirixido por Constancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (641), fillo de Heraclio I. No seu breve reinado opúxose ao monotelismo e comezou unha política de reconciliación con Roma. Retirouse a Calcedonia onde morreu, posiblemente envelenado pola súa sogra Martina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (668-685), fillo de Constante II. Ao chegar ao poder enfrontouse ás sublevacións en Sicilia e á insurrección militar en Asia Menor, que finalmente someteu. Rexeitou os intentos dos árabes de penetrar en Constantinopla entre os anos 674 e 678, pero non puido evitar a invasión da África bizantina. Despois da conquista de Mesia (679) polos búlgaros, emprendeu unha campaña contra eles con pouca fortuna. En materia relixiosa, convocou o III Concilio de Constantinopla, sexto ecuménico (680-681), que condenou o monotelismo e permitiu restablecer a unidade relixiosa coa sé de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1042-1055) polo casamento coa Emperatriz Zoe, viúva de Romano III Argir e filla de Constantino VIII. Durante o seu goberno produciuse a conquista dos territorios bizantinos en Italia polos normandos e o cisma definitivo entre o Patriarca Miguel Cerulario e o Papa León IX (1054). Anexionou Armenia (1045) e soportou o sitio de Constantinopla polos turcos (1048), mentres no interior tivo que sufocar diversos alzamentos populares e unha importante crise financeira. Permaneceu no poder despois da morte da Emperatriz Zoe (1050) e favoreceu as artes e as ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Rusia, segundo fillo do Tsar Paulo I e irmán de Alexandre I e de Nicolao I. Participou nas guerras contra Napoleón e en 1816 nomeárono comandante en xefe do exército de Polonia. Casado cunha aristócrata polaca, renunciou en 1822 ao trono de Rusia. As relacións con Nicolao I foron a miúdo tirantes pola reiterada defensa que fixo da autonomía polaca. Con todo, durante a Revolución de 1830 tivo que facerlle fronte á rebelión de Varsovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (741-775), fillo de León III Isáurico. Asociado ao Imperio dende o 720, comezou o seu goberno derrotando o usurpador Artavazda (743). Emprendeu campañas contra os árabes, freou o seu avance e recuperou Chipre. Posteriormente, restableceu o prestixio do Imperio Bizantino nos Balcáns ao derrotar os búlgaros (756). Perdeu as posesións bizantinas en Italia fronte aos lombardos (751) e, froito da disputa iconoclasta, rompeu a unidade con Roma. No interior, emprendeu unha enorme obra lexislativa, administrativa e de reorganización interna. Defendeu a postura iconoclasta no Concilio de Hiereia (754) e perseguiu a aqueles que veneraban as imaxes, principalmente os monxes. Morreu nunha campaña contra os búlgaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (780-797). No 776 asociouse ao seu pai León IV e sucedeuno baixo a rexencia da súa nai Irene (780-790). Durante os anos seguintes reinaron ambos os dous como coemperadores, pero o emperador perdeu parte dos seus apoios despois da represión dunha revolta (793) e foi derrotado polos búlgaros e polos árabes (797). A emperatriz ordenou cegar o seu fillo no 797 e reinou despois da súa deposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (913-959), fillo de León VI. Sucedeu o seu pai no goberno tutelado primeiro polo seu tío Alexandre (912-913) e despois pola súa nai, a Emperatriz Zoe, ata o 919. Dende o 920, o seu sogro, o almirante Romano I Lecapeno, tomou o título de césar e asociouse ao goberno. Comezou a reinar pola súa conta despois da morte de Romano (944) e asumiu as funcións lexislativas, mentres os seus xenerais acadaban importantes éxitos fronte aos musulmáns (957-958) e aos húngaros. Chegou a un acordo coa rexente rusa, a Tsarina Olga, e fomentou a cultura e o ensino público. Promoveu o movemento enciclopedista polas súas afeccións culturais e, entre as súas obras, hai que destacar Vida de Basilio e o tratado Sobre a administración do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (976-1028), fillo de Romano II e de Teófano. Dende o 963 ocupou o trono asociado ao seu irmán Basilio II, aínda que permaneceu sometido ás sucesivas tutelas de Nicéforo Focas e Xoán Tzimisces, e a partir do ano 976 ocupou o trono dun xeito efectivo. Delegou as responsabilidades de goberno no seu irmán Basilio II Bulgaróctonos e, ao morrer este (1025), apoiouse nos funcionarios e eunucos da burocracia imperial. O seu reinado constitúe o preludio da decadencia do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1059-1067). Ministro de Isaac I Comneno, sucedeuno cando abdicou. Esforzouse en reducir o poder do exército e da aristocracia militar, para o que restituíu a posición dominante dos burócratas imperiais. Durante o seu reinado, os turcos e os maxiares aproveitaron a debilidade militar bizantina para iniciar a conquista de Armenia (1064) e ocupar Belgrado, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Dragases (? 1404 - Constantinopla 29.5.1453) Emperador bizantino (1449-1453). Sucedeu o seu irmán Xoán VIII, recibiu territorios do seu irmán Teodoro e adquiriu Clarentza por matrimonio (1428), para logo apoderarse do principado de Patras (1429). Foi rexente do Imperio Bizantino, mentres o Emperador Xoán VIII buscaba apoios no Occidente e tentaba a unificación das igrexas. Botou os turcos da Beocia e obrigou o duque de Atenas a recoñecerlle a soberanía e pagar tributos. Ao morrer o seu irmán, foi coroado emperador de Constantinopla no 1449, coa oposición do seu outro irmán Demetrio. Buscou apoios fronte aos otomanos entre os monarcas europeos, mentres no interior se enfrontaba coa oposición da Igrexa ortodoxa. Os otomanos iniciaron o asedio definitivo da cidade en 1453 e Constantino morreu no asalto que puxo fin ao Imperio de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arco triunfal construído polo Emperador Constantino I o Grande en Roma no ano 315 para conmemorar a súa vitoria sobre Maxencio no 313. Consta de tres vans, o central de maior altura, e remata nun friso. As figuras están colocadas dun xeito uniforme, en estrita simetría, e subordinadas ao personaxe central do emperador. A maior parte dos relevos aproveitáronse de monumentos máis antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no foro de Roma. Iniciada por Maxencio, finalizouna Constantino I o Grande. Consta de tres naves e unha ábsida na que se situou unha estatua de Constantino de tamaño colosal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome que procede do latín constantinus, derivado do cognome romano constans constantis ‘constante, perseverante’. Da mesma etimoloxía son os antropónimos Constancio e Constante. Presenta os hipocorísticos Tatino e Tino. Levaron este nome trece emperadores. A súa festa celébrase o 12 de abril e o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO