Constantino/Constantina
Constantino/Constantina
[ONOM]
Prenome que procede do latín constantinus, derivado do cognome romano constans constantis ‘constante, perseverante’. Da mesma etimoloxía son os antropónimos Constancio e Constante. Presenta os hipocorísticos Tatino e Tino. Levaron este nome trece emperadores. A súa festa celébrase o 12 de abril e o 27 de xullo.