Constantinopla, concilios de

Constantinopla, concilios de

Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
Concilio I (381)
Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
Concilio II (553)
Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
Concilio III (680)
Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino IV Pogonato no que se condenou o monotelismo, doutrina que consideraba a existencia en Xesucristo dunha soa vontade aínda que tivese dúas naturezas (divina e humana).
Concilio IV (869)
Oitavo concilio ecuménico, non recoñecido pola Igrexa ortodoxa, convocado polo Emperador Basilio I e o Papa Adrián II, que rehabilitou o Patriarca Ignacio e condenou o Patriarca Focio, principal instigador do cisma do s IX entre as igrexas de Oriente e Occidente.