"Deiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 188.

    1. Pertencente ou relativo ao arrabalde.

    2. Habitante dun arrabalde.

    3. Persoa que non ten delicadeza, de mala educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é adecuado para asar.

    2. Lugar ou utensilio que se utiliza para asar.

    3. Sitio onde vai moita calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada de atar.

    2. Muller pertencente ao grupo de segadores, que ata os feixes pequenos de canas, palla e paos.

    3. Muller que se dedica a repasar, recompoñer e mesmo armar os aparellos e as redes, amais de repoñer as boias dos portos. Estes labores de reparación e cosido, realizábanse na mesma praia, sobre o peirao ou nos atadoiros de cada armador. De entre todas as atadeiras, o armador encargáballe a unha ou dúas, da súa total confianza, os traballos de armar os aparellos, labor que requiría dunha gran habilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘lavandeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para bailar ou que ten este propósito.

    2. Que lle gusta bailar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da Serra de Larouco, no límite entre as parroquias de Lucenza (concello de Cualedro) e Gudín (Xinzo de Limia), que ten o seu cumio a 1.026 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bandeira pequena usada como distintivo, ornamento, etc.

    2. Mensaxe publicitaria realizada en tea, cartón ou superficie plástica e que xeralmente se presenta como colgante. As bandeirolas urbanas teñen uns tamaños e características predeterminadas e moi variadas; normalmente se colocan nas farolas de iluminación pública.

    3. Bandeira pequena, como a que se soía poñer no cume da hasta das lanzas dos soldados de cabaleiría.

    4. Bandeira destinada a facer sinais ou indicacións.

    5. Bandeira pequena, alongada e estreita, rematada en punta, colocada nas representacións heráldicas nas mans de Cristo resucitado, de san Xoán Bautista e doutros santos.

    6. Pao empregado para sinalar puntos determinados dun terreo no momento de medilo, de marcar unha localización, un límite, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara especial coa que se colle a barbada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode beber.

    2. Beizo inferior ou fociño das bestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ataca cos cornos.

    2. Que non ofrece confianza.

    3. Xogador de billarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Avión militar destinado ao bombardeo, que ten como carga principal bombas e mísiles; adoita estar provisto de aparellos electrónicos para confundir os dispositivos de detección inimigos. Ten que poder voar a unha gran velocidade sobre o obxectivo e lanzar as bombas con precisión; ademais o radio de acción, capacidade de carga, autonomía e teito de voo teñen que ser o máis elevados posible. Clasifícanse en medios e estratéxicos, dependendo de que o seu radio de acción non chegue aos 5.000 km ou sobrepase esta cifra; aínda que ata a Segunda Guerra Mundial se clasificaban como bombardeiros lixeiros, medios e pesados, segundo a capacidade de bombas. O bombardeiro lixeiro evolucionou e converteuse no cazabombardeiro, de gran capacidade de manobra e de alta velocidade; unha vez lanzada a carga ofensiva, o avión actúa como un caza.

    2. Soldado encargado de lanzar bombas.

    3. Fundidor de bombardas.

    4. Artilleiro que servía as bombardas.

    5. Navío armado con bombardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se move continuamente sen parar quieto.

    2. Que fai as cousas con présas e rápido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao intestino recto.

    2. Parte final do intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde a actividade pesqueira se considera produtiva, como mínimo nunha determinada época do ano. Pódese referir a grandes extensións ou a pequenas áreas costeiras onde se pode capturar algunha especie de interese durante algún momento do seu ciclo vital. Os límites dun caladoiro poden ser de tipo físico (canóns submarinos), legal ou simplemente cultural. En moitos casos, estes límites son tamén os das unidades políticas de xestión; por exemplo, os caladoiros da NAFO son aqueles da costa oriental norteamericana baixo xurisdición desa comisión internacional. No caso das especies migratorias como o atún, o termo caladoiro emprégase para designar as distintas áreas e momentos nos que se captura a especie. Por exemplo, o atún vermello péscase en distintos momentos da súa migración por flotas de distintos países nos seus movementos no golfo de Bizkaia e no Mediterráneo occidental. Así, un único stock pode ser pescado en distintos caladoiros, con distintas artes, por distintas flotas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente con aro, de forma troncocónica e máis estreito no fondo que na boca, feito de diferentes materiais como plástico ou metal e empregado especialmente para conter ou transportar líquidos.

      1. Recipiente metálico cun aro de lado a lado, e máis pequeno ca a caldeira, onde se quenta ou ferve a comida do gando.

      2. Pequena vasilla metálica de base semiesférica, dotada dunha asa suxeita na boca, que se utiliza para cociñar alimentos, en especial ao aire libre. Está na orixe das caldeiradas e na preparación típica galega de carne ao caldeiro, cocida e condimentada con aceite e pemento.

    2. Recipiente de metal con buratos no fondo, empregado para asar as castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO