asadeiro -ra

asadeiro -ra

(

  1. adx

    Que é adecuado para asar.

    Ex: O polo asadeiro agardaba adobado enriba da mesa.

  2. s m

    Lugar ou utensilio que se utiliza para asar.

    Ex: Hai que sacar as castañas do asadeiro para que non se queimen.

    Confrontacións: espeto, grella.
  3. s m

    Sitio onde vai moita calor.

    Ex: No verán esta casa é un asadeiro.

    Sinónimos: forno.

Palabras veciñas

Asá | ASA, graos | Asachi, Gheorghe | asadeiro -ra | 1 asado | 2 asado -da | asador -ra