asador -ra

asador -ra

(< asar)

  1. s

    Persoa que se dedica a asar.

  2. s m

    Forno ou utensilio, xeralmente aguzado ou en forma de reixa, que se emprega para asar os alimentos.

    Confrontacións: espeto, grella.
  3. s m

    Restaurante especializado en ofrecer carne asada.

    Ex: Meus pais foron comer ó asador de Alba.

  4. s m [ARQUEOL]

    Tipo de cerámica castrexa de forma redondeada, con paredes altas e fondos con furados. Interprétanse como pequenos fornos domésticos para asar ou torrar.

Palabras veciñas

asadeiro -ra | 1 asado | 2 asado -da | asador -ra | Asados | Asadur | Asadur, Santa Mariña de