"ELISA" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 24.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.
-
PERSOEIRO
Poetisa alemá. Coñecida como Else Lasker-Schüler, uniu na súa obra a propia relixiosidade xudía e un amor á cultura e á terra alemás. Escribiu Styx (1902) e Mein blaues Klavier (O meu piano azul, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante de jazz. Coñecida como Bessie Smith, en 1928 formou o seu propio conxunto, Midnight Steppers. Considerada a intérprete de blues máis destacada do período clásico do jazz, colaborou con J. P. Johnson, L. Armstrong e F. Henderson.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Feminista. Casada co abolicionista Henry Brewster Stanton (1840), en colaboración con Susan B. Anthony escribiu The Revolution (1868-1870), e con Matilde Gage The History of Woman Suffrage (1881-1922).
VER O DETALLE DO TERMO