Pelléas et Mélisande
Pelléas et Mélisande
[MÚS]
Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.