"EPP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 84.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como il Cavalière d’Arpino, é o representante do manierismo romano tardío. Foi discípulo de Roncalli. En 1581 chegou a Roma onde deseñou, entre 1603 e 1612, os mosaicos da cúpula de San Pedro do Vaticano e realizou os frescos de San Xoán de Letrán, do palacio dos Conservadores e da Villa Aldobrandini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Posiblemente era fillo de comerciantes establecidos en Menorca no período de dominio británico. Destacou como acuarelista. A súa temática principal eran os retratos e as escenas costumistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de capela e compositor. En 1770 chegou a Santiago de Compostela, pero xa se tiñan referencias súas grazas á presenza na catedral dos irmáns Baldassare e Giuseppe Servida, o contralto Giovanni Brunelli e o tiple Giuseppe Ferrari, todos eles procedentes de Lodi. Veu acompañado por dous discípulos seus: o tiple Felice Pergamo e o tiple-contralto Carlo Mauro, ambos os dous de Lodi. Segundo consta na documentación da catedral compostelá, no momento de contratalo era mestre de capela de Bergamo. O seu labor na catedral compostelá durante trece anos, como mestre de capela e como compositor, foi de gran relevancia: soubo aproveitar o momento de apoxeo económico da catedral e preocupouse por formar unha capela de música excepcional. Comezou a compoñer moi cedo, consérvase unha obra datada en 1750 e é posible que realizase algunhas outras anteriormente. A súa produción musical, preto de 600 composicións, consérvase na catedral compostelá e caracterízase por unha grafía áxil e estilizada; gran...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Traballou na catedral de Santiago de Compostela onde realizou, entre outras obras, diversos candelabros (1692), unha esclavina (1693) e unha naveta de prata (1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Folclorista italiano. Profesor de historia das tradicións populares e de etnoloxía na Universidade de Palermo. Da súa produción destaca Storia dell folklore in Europa (Historia do folclore en Europa, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Bra, Piemonte 1786 - Chieri, Piemonte 1842) Sacerdote e filántropo. Fundou en Turín a Picolla Casa della Divina Providenza en 1832, destinada a escola para xordomudos, orfanato, hospicio de cegos, epilépticos, etc. Para a asistencia dos acollidos, Cottolengo instituíu as comunidades de fillos de San Vicente, dos irmáns de San Vicente e dos presbíteros da Santísima Trindade. Foi canonizado no 1934 e a súa festa celébrase o 29 de abril.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Coñecido como lo Spagnolo, as súas obras revelan a influencia do naturalismo e do claroscuro do caravaggismo. Cultivou a pintura relixiosa (Sacramentos, 1712?); a pintura de xénero (A feira de Poggio a Caiano, 1709); o retrato (Autorretrato); e a pintura mitolóxica nos murais do palacio Pepoli de Boloña (1691-1692). O seu fillo Luigi Crespi (Boloña 1709-1779) foi tamén pintor e escribiu Vidas de pintores boloñeses non incluídos en Felsina Pittrice (1769), anexo ao escrito de Malvasia. O seu irmán Antonio Crespi (Boloña 1700?-1781) reproduciu as obras de seu pai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sardo. Na súa obra mesturou a evocación fabulosa de Sardeña coa realidade contemporánea. Publicou, entre outras obras, San Silvano (1939), Michele Boschino (1942), Il passeri (1955), Il disertore (1962) e Paese d’ombre (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor italiano. Estudiou con Adriano Tocchio, Luigi Montesanto e Mariano Stabile e debutou o 20 de abril de 1946 en Reggio Emilia no papel de Des Grieux, de Manon Lescaut de Massenet. Entre os anos 1944 e 1945 participou en diversos programas radiofónicos de Radio Lausanne. Cun rexistro vogal moi expresivo e elegante, formou un amplo repertorio italiano, romántico e verista no que destaca a súa interpretación de Cavaradossi de Tosca. O 15 de marzo de 1947 debutou na Scala de Milán con Manon, o 25 de febreiro de 1948 no Metropolitan Opera House con Rigoletto, en 1957 no Festival de Edimburgo no papel de Nemorino, de L’elisir d’amore, e no Covent Garden en 1961 como Cavaradossi. Deu concertos por todo o mundo e na década dos setenta formou parella con Maria Callas nunha serie de recitais. Da súa discografía destacan Guiseppe di Stefano: Gala-Konzert, Guiseppe di Stefano: Historical Recording 1952-1963, Guiseppe di Stefano:...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento do Seine-Maritime, situada na Alta Normandía, Francia (35.894 h [1990]). Desde os anos setenta a expansión de Dieppe dependeu do éxito do seu parque industrial, chamado Euro Chanel, con máis de 140 negocios dedicados ás novas tecnoloxías. Ademais, é o porto no que se comercia máis marfil do mundo. Nas últimas décadas instaláronse importantes industrias do sector téxtil, químico e automobilístico. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo medieval, construído para a defensa contra os ingleses (1433), a igrexa de Saint-Jacques (ss XIII ao XVI) e o château de Miromesnil (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista italiano. Estudiou no conservatorio de Zúric con W. Burkhardt e logo en París, onde se estableceu en 1949. Exerceu a docencia e formou parte do Groupe Art et Informatique. Autor eminentemente experimental, destacou con obras como Quator ‘S’ (1978-1979) ou Sept heures d’activités continues autour des miniordinateurs (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porto paralelo.
-
PERSOEIRO
Político internacionalista italiano. Arquitecto e enxeñeiro, loitou contra os austríacos (1848-1849) e uniuse aos Mil de Garibaldi (1860-1861). Formou parte do grupo creado arredor de Bakunin en Nápoles (1860-1867). Despois de asistir con eles aos primeiros congresos da Liga da Paz e da Liberdade (Xenebra, 1867; Berna, 1868), foi un dos fundadores da bakuninista Alianza da Democracia Socialista (Xenebra, 1868) e adheriuse á Primeira Internacional. Pouco despois visitou España e conseguiu constituír os primeiros grupos de obreiros internacionalistas en Madrid e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Giacciano 1884 - Padua 1971) Historiador da arte italiano. Discípulo de A. Venturi, foi profesor na Università degli studi di Padova. Das súas obras destacan L’arte di Andrea Mantegna (A arte de Andrea Mantegna, 1927), Carpaccio (1937) e G. Bellini (1960).
-
PERSOEIRO
Arqueólogo italiano. Profesor de arqueoloxía na Università di Napoli, foi director das escavacións de Pompeia e do museo de Nápoles. En 1865 nomeárono senador do reino e director xeral de antigüidades e belas artes. Desenvolveu unha serie de sistemas de observación, rexistro e conservación do material que continúa en uso. Das súas obras destacan Pompeianarum antiquitatum historia (1860) e Descrizione di Pompei (Descrición de Pompeia, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político italiano. En 1833 uniuse ao movemento revolucionario de Mazzini, Giovine Italia, polo que foi condenado a morte, pena que conseguiu evadir coa fuxida a Sudamérica, onde permaneceu doce anos, nos que participou en rebelións en Brasil e na guerra civil uruguaia. Volveu a Italia en 1848, e uniuse ao Risorgimiento en favor da liberación e unificación de Italia. Combateu os austríacos en Milán e defendeu a República contra as tropas francesas en 1849. Refuxiado no Piemonte, despois da caída de Roma, foi expulsado e viviu de novo no exilio entre 1850-1854. Ao seu regreso encabezou a expedición contra as forzas austríacas nos Alpes (1859) e dirixiu a expedición dos camisas vermellas na conquista de Nápoles e Sicilia. Proclamado o Reino de Italia baixo Víctor Manuel II, enfrontouse a este na cuestión da anexión da cidade de Roma. Loitou contra o rei e foi apresado en Aspromonte (Calabria), en 1862. Unha vez indultado, organizou un novo grupo de voluntarios en 1867 para anexionar...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Foi, con G. Verga, o principal autor do verismo teatral italiano, e en 1887 asumiu a dirección da Accademia dei Filodrammatici. Publicou e estreou pezas en verso, como Una partita a scacchi (1872), e en prosa, Tristi amori (1887), Come le Foglie (1900) e Il più forte (1904). Foi coautor, con Luigi Illica, dos libretos das óperas de Puccini La Bohème (1896), Tosca (1900) e Madame Butterfly (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Da súa produción destacan Dies irae (1835), Lo estivale (1836), La terra dei morti (1841) e Sant’Ambrogio (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Física alemana. Nacionalizouse estadounidense en 1933 cando casou co químico Joseph E. Mayer. Estudiou na Universidade de Göttingen, onde se doutorou en 1930. Traballou na Universidade Johns Hopkins de Baltimore, nos laboratorios SAM da Universidade de Columbia e nas universidades de Chicago e California. Investigou a estrutura e a constitución do núcleo atómico e desenvolveu a teoría das capas e dos niveis. Das súas obras destacan Statistical mechanics (1940) e Elementary theory of nuclear shell struture. Recibiu, conxuntamente con Hans D. Jensen e Eugene P. Wigner, o Premio Nobel de Física (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e pensador italiano. Partidario da Revolución Francesa, estableceuse en 1792 en París, onde recibiu o título de cidadán francés. Das súas obras destacan Il vero dispotismo (1770) e Memorie segrete e critiche delle corti, dei governi e dei costumi dei principali Stati d’Italia (1793).
VER O DETALLE DO TERMO