"Ebro" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 36.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina eclesiolóxica de Justinus Febronius. Baseada nos principios galicanos e episcopalistas, afirmou que ao papa só lle corresponden os dereitos necesarios para a conservación da unidade da fe e a disciplina eclesiástica; que todos os bispos, incluído o de Roma, posúen a mesma potestade; e que a autoridade suprema da Igrexa é o concilio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Johann Nikolaus von Hontheim.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado na marxe dereita do Ebro, formando en diversos sectores o límite setentrional do termo (3.763 h [1996]). Neste municipio remata a Canle Imperial de Aragón. Hai agricultura, gandería e certa actividade industrial (metal, plásticos e química). Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento romano de La Corona e a igrexa de San Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.
-
CIDADES
Cidade de Cisxordania, situada no fértil val de Eškol (75.000 h [1984]). Destacan os cultivos das vides, as oliveiras e as froiteiras. Na Antigüidade, foi capital do Reino de David. Pertenceu a Xordania ata que, en 1967, foi ocupada por Israel e se produciu o asentamento de colonos xudeus. Despois dos acordos de paz entre Xordania, a OLP e Israel (1993), Xordania renunciou á soberanía sobre a cidade e en 1994 pasou a formar parte da autonomía palestina. En 2003 Israel comezou a construción dun muro que segregou a cidade. Do seu patrimonio cultural destacan a mesquita de al-Haram e a cova dos patriarcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, atravesado polo río Ebro (35.925 h [2001]). É un centro comercial de cereais, vide, patacas e froita, de industrias metalúrxicas, químicas, alimentarias, téxtiles e un importante nó ferroviario. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo medieval e a catedral, realizada en estilo románico e finalizada no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do län homónimo, Suecia, situada na ribeira O do lago Hjälmar (124.207 h [estim 2000]). Conta con industrias alimentarias, téxtiles, papeleiras, de papel moeda e de zapatos. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa do s XII e o castelo do XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (8.517 km2; 273.615 h [estim 2000]). A súa capital é Örebro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, situado en Los Monegros e regado polo Ebro (2.233 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do cerebro dos artrópodos en contacto cos centros ópticos onde teñen lugar, nos insectos sociais, moitos fenómenos de asociación.
-
PERSOEIRO
Político inglés. Xefe dos liberais nacionais do goberno de Mac Donald, foi ministro do Foreign Office (1931-1935). Partidario dun entendemento pacífico con Hitler, secundou a política de non-intervención na Guerra Civil Española. Foi ministro de Interior, chanceler do exchequer (1937-1940) e lord chanceler (1940-1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático holandés. Coñecido como Snellius, introduciu o método de triangulación para medir a Terra (1615) e descubriu a lei da refracción da luz (1620). Entre as súas obras cabe destacar Eratosthenes Batavus (1617) e Cyclometria (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tenebroso.
-
-
Que está cuberto ou cheo de tebras.
-
Que se fai de xeito oculto e misterioso con algún fin perverso.
-
Que é misterioso, sombrío e triste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión posterior en que se divide o cerebro dos artrópodos que consta dun par de ganglios unidos. Innerva certas antenas e quelíceros e orixina un sistema nervioso visceral.