"Esch" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 37.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (54.500 h [1990]). É un núcleo industrial que pertence á conurbación de Aquisgrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e arcebispo. Tío materno de Napoleón I Bonaparte, en 1802 foi nomeado arcebispo de Lyon. En 1803 recibiu o capelo cardinalicio e o seu sobriño enviouno como embaixador á Santa Sé. As súas xestións conseguiron que o Papa Pío VII acudise á coroación de Napoleón como emperador en 1804. Trala derrota bonapartista, caído en desgracia, retirouse a Roma en 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe xenovés fundado por Ugo Fieschi no s XIII. Entre os seus membros destacaron os papas Sinibaldo dei Fieschi , elixido en 1243 co nome de Inocencio IV, e Ottobono dei Fieschi , elixido en 1276 co nome de Adrián V; santa Catarina de Xénova ; e Gian Luigi dei Fieschi (1522-1547), que liderou en 1547 a conxura contra os Doria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Catarina de Xénova.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que significa ‘historia das formas’. Utilízase como forma abreviada do método esexético (formgeschichtliche Methode), iniciado a principios do s XX polos alemáns Martin Dibelius, Karl L. Schmidt e Rudolf Bultman. Convencidos de que os evanxeos posuían unha tradición anterior oral, prepararon un instrumento de traballo para recompoñer os evanxeos actuais nas primitivas formas de evanxelización. Hermann Gunkel preparou este método utilizando as formas estilísticas propias do Antigo Testamento. As achegas no ámbito da filoloxía feitas por Paul Wendland (1864-1915) e Eduard Norden (1868-1941) sobre a literatura helenística, e por Axel Olrik (1864-1917) sobre a poesía épica, foron de moita importancia. A predicación oral e o catecumenado serviron para transmitir unha mensaxe cristiá que se percibiu nos textos escritos do Evanxeo. Só algunhas formas de linguaxe estereotipadas (ditos, sentencias, boaventuranzas, parábolas e exemplos, frases de Cristo encabezadas...
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Agostino Tassi en Roma, a súa arte derivou cara á liña máis naturalista de Caravaggio. Deixou Roma e estableceuse sucesivamente en Le Marche, Xénova, Turín, Francia, ata instalarse na corte inglesa, onde foi pintor do Rei Carlos I. O seu tenebrismo enlaza coa liña claroscurista holandesa. Das súas obras destacan La Madonna pone il Bambino in braccio a san Francesca Romana e Il riposso durante la fuga in Egitto. A súa filla Artemisia Gentilleschi (Roma 1593-Nápoles 1652?) formada no caravaggismo do seu pai, derivou cara a unha arte máis intranscendente e fría. Das súas obras destacan Giuditta che ucide Oloferne e Nascita del Battista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Da súa produción destaca Il destino si chiama Clotilde (1942) e Don Camilo (1950). A súa obra é unha sátira das loitas políticas rurais desde un punto de vista dereitista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo masculino, que está causada por un trastorno do metabolismo das purinas que provoca nos pacientes retraso mental e outros trastornos neurolóxicos. Foi descrita en 1964 polos pediatras estadounidenses M. Lesch e W. L. Nyhan.
-
PERSOEIRO
Escritor belga. Coñecido como Hubert Juin, exerceu o xornalismo nas publicacións Combat, La quinzaine littéraire e Le Monde, e escribiu poesía, novela e ensaio. Das súas obras destacan Poèmes Choisis (1922) e Victor Hugo (1981-1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e poeta. A súa obra centrouse no estudo da poética e a lingüística. Destacan os seus ensaios Pour la poétique (1970-1978), Anthropologie historique du language (1982) e Spinoza, poème de la pensée (2002). Como poeta publicou Dédicades proverbes (1972), Voyageurs de la voix (1986) e Puisque je suis ce buisson (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. De nome Aldo Giurlani, formou parte dos movementos literarios vangardistas. Loitou contra o convencional, polo que participou en diversas revistas de compromiso social e escribiu o manifesto futurista Il controdolore (1914). Publicou I cavalli bianchi (1905), Il codice di Perelà (1911), Le sorelle Materassi (1931), I fratelli Cucoli (1948) e Viaggio sentimentale (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Dedicouse á xeografía física e humana e das súas obras destacan Neue Probleme der vergleichenden Erdkunde (Novos problemas da xeografía comparada, 1870) e Physische Erdkunde (Xeografía física, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Mike Nichols, debutou en Hollywood con Who’s afraid of Virginia Woolf? (1966), se ben logrou o éxito con The Graduate (1967, Oscar á mellor dirección 1968). Dirixiu tamén os filmes Working Girl (1988), Postcards from the Edge (1990), Wolf (1994), Primary Colors (1998) e Closer (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Piero della Francesca, estudou con Masaccio e colaborou con Domenico Veneziano. Nas súas primeiras obras conservadas, Battesimo di Cristo (1440?-1445) e Polittico della Misericordia (1445-1462), evidénciase o protagonismo da figura humana en paridade coa natureza, segundo a liña marcada por Masaccio. Cara a 1450 pintou, en Urbino, La flagellazione di Cristo e os frescos de Sigimondo Malatesta e San Sigimondo, no templo dos Malatesta. Durante a súa estadía en Ferrara, entrou en contacto con R. van der Weyden e influíu na escola local. Entre 1452 e 1465 pintou os frescos da Leggenda della vera Croce para a capela do coro da igrexa de San Francesco en Arezzo, dos que destaca especialmente o Sogno di Constantino. Viaxou a Roma (1459-1460), onde influíu en artistas como Melozzo da Forlì. Despois de 1460 estivo en Sansepolcro (Resurrezione di Cristo, 1465) e na Corte de Urbino, onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuidora cinematográfica fundada por Albino Francesch en 1920 que abrangueu todo o territorio galego e mantivo de xeito regular as súas actividades durante o período franquista. Posuíu tres salas de cine e foi a única firma galega que durante eses anos importou películas de forma ocasional.
-
PERSOEIRO
Biólogo. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1995), xunto a Edward B. Lewis e Christiane Nüsslein-Volhard, polos seus descubrimentos sobre o control no desenvolvemento de embrións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Considerado un dos grandes poetas épicos, plasmou os ideais do cabaleiro en Parzival (1200-1210). Tamén é autor de Willehalm (1210?) e do poema lírico Titurel, os dous inacabados.
VER O DETALLE DO TERMO