Gentilleschi, Orazio

Gentilleschi, Orazio

Pintor italiano. Discípulo de Agostino Tassi en Roma, a súa arte derivou cara á liña máis naturalista de Caravaggio. Deixou Roma e estableceuse sucesivamente en Le Marche, Xénova, Turín, Francia, ata instalarse na corte inglesa, onde foi pintor do Rei Carlos I. O seu tenebrismo enlaza coa liña claroscurista holandesa. Das súas obras destacan La Madonna pone il Bambino in braccio a san Francesca Romana e Il riposso durante la fuga in Egitto. A súa filla Artemisia Gentilleschi (Roma 1593-Nápoles 1652?) formada no caravaggismo do seu pai, derivou cara a unha arte máis intranscendente e fría. Das súas obras destacan Giuditta che ucide Oloferne e Nascita del Battista.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pisa

  • Deceso

    Lugar : Londres