"Estévez" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 32.
-
GALICIA
Escritora. Promotora de numerosos premios literarios para escolares, publicou, entre outras obras, as narracións As travesuras de Felipiño (1979), La historia del Apóstol (1972), Vigo, Bayona y sus rutas (1976), Ponteareas y el Condado en la historia (1980), Bayona la Real y su parador (1984), Aventura e primavera. Continuación de Felipiño o traveso (1986) e A miña fala (1988); e os poemarios Airiños do meu lugar (1963), Monterreal (1965), A la sombra de Monterreal (1966), Santiago en la leyenda (1971) e O Nadal e os Reis Magos (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Francelos, Ribadavia 1754 - Bimaley, Filipinas 27.4.1805) Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Esteban de Salamanca, ordenouse en 1776 e exerceu como profesor de filosofía deste convento ata 1786 en que se trasladou a Filipinas, onde exerceu como catedrático de Filosofía da Universidad de Manila. Destinado á provincia de Pangasinan, foi vicario de Paniqui e Barug antes de volver en 1795 á Universidad de Manila como catedrático de Teoloxía. Superior do convento de Manila desde 1802, renunciou aos seus cargos para retornar á misión en Pangasinan.
-
GALICIA
Escultor e entallador. Entre as súas obras destacan o altar maior de San Xoán de Panxón (Nigrán, 1821) e o retablo maior de San Martiño de Nespereira (Pazos de Borbén, 1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Canteiro. Traballou en Ourense e en 1775 trasladouse a Portugal, contratado para restaurar os danos causados por un terremoto. Entre as súas obras destaca a torre do reloxo da Compañía en Cabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Ingresou no Colegio de Misioneros para Ultramar de Ocaña (1848) e rematou os seus estudios na Universidad de Manila. Ordenouse sacerdote en 1854, foi destinado ás misións de Tung-King e foi reitor do colexio-seminario de Ninh-Cuong. En 1858, como consecuencia das persecucións aos católicos, fuxiu a Macau ata que en 1863 volveu á docencia e se encargou do vicariato central do Tung-King. É autor de Relación de los sucesos de la persecución religiosa del emperador de Tunquín Tú Buc (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1681 sucedeu a Pedro de Mas como pintor da catedral de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi catedrático de Epistemoloxía das Ciencias Sociais e Xurídicas (1980) na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador do Observatorio Astronómico da mesma universidade, construíu os primeiros ecuatoriais que se fixeron en España. Foi cofundador da Asociación Española de Filosofía del Derecho e director da revista Abrente. Escribiu Proceso y Forma (1947), Grandes problemas del Derecho Procesal (1954), Un libro sin nombre (1965) e Nueva versión sobre el Derecho (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Dirixiu o semanario O Galiciano e impulsou a creación dunha sociedade protectora para os obreiros que se expresou a través do xornal El Obrero. Das súas obras destacan Pelra... antre seixos (1888), con prólogo de José Echegaray, Contos e cantares (1893), a peza teatral A Cuba! (1898) e Remembranzas (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Colaborou na revista La Estafeta e en Madrid Artístico. Colaborou co seu pai en El Anunciador de Pontevedra e foi redactor do diario vigués El Independiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso agostiño. Dedicouse ao ensino e á literatura. Nos seus escritos empregou en ocasións o pseudónimo de marqués de Sabuz. Escribiu numerosos artigos, como “El año terrible de los patrones colombianos” ou “Lo que debe ser la predicación del evangelio: La verdadera patria de Cristóbal Colón según el Sr. Paramos”, algúns recollidos na obra La literatura medieval en Galicia (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Redactor de A Nosa Terra (1977-1979), La Voz de Galicia (1979-1993) e director de Antena 3 Radio en Santiago de Compostela (1990-1993), foi profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. Publicou Guía del Camino de Santiago (1982), El camino de Santiago (1992), El sistema radiofónico gallego (1995) e A imaxe sonora na radio en Galicia (2001). Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Matemática. Catedrática de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello científico do Instituto de Matemáticas desa universidade. É autora de Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica (1997), Métodos matemáticos en mecánica de sólidos (1999), Ecuaciones diferenciales (2000) e Métodos numéricos en ingeniería (2001).
VER O DETALLE DO TERMO