Estévez, Diego

Estévez, Diego

(Francelos, Ribadavia 1754 - Bimaley, Filipinas 27.4.1805) Sacerdote dominicano. Formado no convento de San Esteban de Salamanca, ordenouse en 1776 e exerceu como profesor de filosofía deste convento ata 1786 en que se trasladou a Filipinas, onde exerceu como catedrático de Filosofía da Universidad de Manila. Destinado á provincia de Pangasinan, foi vicario de Paniqui e Barug antes de volver en 1795 á Universidad de Manila como catedrático de Teoloxía. Superior do convento de Manila desde 1802, renunciou aos seus cargos para retornar á misión en Pangasinan.