"Estevo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 86.
-
PERSOEIRO
Gran jupan de Serbia (1168?-1196), jupan de Raška (1159-1168) e fundador da dinastía Nemanjič. Coñecido como Estevo Nemanja, foi vasalo do Emperador Manuel I Comneno e trala súa morte ocupou Niš (1187) e anexionou Dalmacia, Montenegro, Herzegovina e a Serbia danubiana coa axuda de Venecia, Hungría e do emperador de Occidente. Liberou os serbios da tutela bizantina e ocupou o voivodato de Zéta (Montenegro). Fundador dos mosteiros de Djurdjevi Stupovi e Studenica en Raška e do mosteiro de Hilandar en Athos, abdicou en 1196 e retirouse co nome de Simeón ao mosteiro do monte Athos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Itsvan Bocskay, príncipe de Transilvania.
-
PERSOEIRO
Papa (257-260). Enfrontouse con san Cibrán de Cartago e outros bispos do norte de África pola cuestión do bautismo dos herexes e dos cristiáns renegados (lapsi). Na iconografía leva túnica e palio, e como atributos persoais, unha espada cravada no peito ou un ídolo rompido aos seus pés. A súa festividade celébrase o 2 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Elixido Papa no 752, morreu sen chegar a consagrarse, polo que non foi considerado como tal polos seus contemporáneos e durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (752-757). Solicitou a axuda do rei dos francos Pipino o Breve contra os lombardos e, a cambio, unxiuno rei (754) e nomeouno patricio dos Romanos. Trala derrota dos lombardos conseguiu recuperar os seus territorios, aos que engadiu o exarcado de Ravenna como doazón de Pipino, e estableceu as bases dos Estados Pontificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ban de Bosnia (1322-1353). Fillo de Estevo I, restaurou a dinastía dos Kotromanič. Vasalo dos reis de Hungría, conseguiu en loita cos serbios un acceso ao mar (1326). Sucedeuno o seu fillo Tortko I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1116-1131), fillo de Kálmán o Bibliófilo. Iniciou enfrontamentos con checos, moravos, a República de Venecia, Polonia e o Emperador Xoán II Comneno, aínda que todos eles sen éxito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (768-772). No concilio en Letrán (769) decretou que se excluíse aos laicos como candidatos ao papado e que o papa fose elixido polos clérigos romanos. Declarou nulo o concilio iconoclasta de Constantinopla e estableceu vínculos políticos cos francos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1162-1172), fillo de Géza II. Conservou a titularidade do trono aínda que o Emperador Manuel I Comneno fixo coroar rei de Hungría ao seu tío Estevo en 1163.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Moldavia (1457-1504). Fillo de Bodgan II, sucedeu ao seu tío Pedro III. Derrotou os turcos en Rahova (1475), pero ante a súa constante ameaza, aliouse con Polonia e Hungría. Non obstante , asinou un tratado (1503) co sultán Baiazet II, polo que Moldavia mantiña a independencia a cambio dun tributo anual. Impulsor do desenvolvemento cultural do seu país, modernizou Suceava, capital do reino, e inspirou Crónica, pola graza de Deus, do país de Moldavia desde que foi establecido (1504), primeira obra literaria secular en eslavo. Pola súa resistencia aos turcos e a reconstrución de numerosas igrexas e mosteiros, o patriarca da Igrexa serbia concedeulle o título de atleta de Cristo e canonizouno en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (816-817). Coroou a Ludovico Pío e recibiu deste a confirmación dos anteriores privilexios que recibira a Igrexa, xunto coa súa protección. Emprendeu unha política de reconciliación cos que se opuxeran á elección de León III e reintegrounos nos seus postos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1163-1165) fillo de Bela II e de Estevo III de Hungría. Accedeu ao trono grazas ao apoio do Emperador Manuel I Comneno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1243-1276), fillo de Estevo II de Serbia. Mantivo a paz cos países veciños, conseguiu a unidade da Igrexa e do Estado e conciliou as diversas relixións. Creou unha moeda serbia e desenvolveu a explotación das minas de prata, chumbo, cobre e ferro. Destronado polo seu fillo Estevo V Dragutin, retirouse co nome de Simón ao mosteiro de Sopoćani (Novi Pazar).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1057-1058), fillo do duque Gotelón I da Baixa Lotarinxia. Abade do mosteiro de Montecassino, foi chanceler da Igrexa de Roma (1051) e formou parte da embaixada enviada a Constantinopla (1054) pola cuestión de Miguel Cerulario. Adoptou medidas que pretendían incrementar a moralidade do clero e prohibiu os matrimonios entre os consanguíneos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.
-
PERSOEIRO
Papa (885-891). Enfrontouse con Focio, ao tempo que mantivo boas relacións co emperador bizantino León VI. Trala caída do Sacro Imperio Romano e a deposición de Carlos o Gordo, tivo que coroar emperador ao poderoso duque Guido de Spoleto (891). Prohibiu a liturxia en lingua eslava e durante o seu goberno incrementou a influencia e a riqueza dos feudatarios e dalgúns bispos, ante a debilidade do poder central.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría, Croacia, Eslavonia e Dalmacia (1270-1272) e duque de Estiria (1254-1260). Fillo de Bela IV, foi asociado ao trono no 1245. Recibiu do seu pai Transilvania e as provincias orientais de Hungría (1262) e ocupou diversas cidades búlgaras do Danubio (1263-1266). Morreu durante a campaña contra os serbios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1276-1282), fillo de Estevo IV Uroš I o Grande. Enfrontouse aos emperadores bizantinos aliado con Hungría e o rei de Sicilia, Carlos I de Anjou. Tras abdicar no seu irmán Estevo Ur ǒ s Milutin, retirouse aos territorios que lle cedeu o rei de Hungría, o NL de Bosnia, Srem, Macva e a cidade de Belgrado. Na fin dos seus días retirouse a un mosteiro co nome de Teoktist.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (896-897). Elixido co apoio do duque Guido de Spoleto, convocou un sínodo e emprendeu un proceso contra o seu antecesor o Papa Formoso, en xaneiro de 897; ao que someteu a diversas mutilacións ademais de declarar nulos todos os seus actos, pero os sacerdotes depostos por estas medidas encabezaron a resposta popular. Feito prisioneiro en maio de 897, morreu estrangulado en outubro.
VER O DETALLE DO TERMO