Estevo IX Uroš IV Dušan de Serbia
Estevo IX Uroš IV Dušan de Serbia
o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.