"Félix" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e pedagogo francés. En 1849 foi nomeado bispo de Orléans. Defendeu a liberdade do ensino. Escribiu De l’éducation (Da educación, 1850-1862) e De la haute éducation intellectuelle (Da alta educación intelectual, 1855-1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Arles 473? - Pavia 521) Escritor e orador latino. Mestre de retórica en Milán, recibiu o diaconado en 493 e foi bispo de Pavia (513). En tempos do Emperador Anastasio viaxou dúas veces a Constantinopla (515 e 517) por orde do Papa Hormisdas, co fin de achegar as dúas igrexas, a occidental e a oriental. A súa obra comprende 297 cartas e unha serie de pequenos tratados en que combina a cultura cristiá e a pagá. No martiroloxio aparece o 17 de xullo.
-
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Xefe do Estado Mayor do exército paraguaio na Guerra de Chaco, viuse obrigado a exiliarse tralo golpe militar do coronel Ramón Franco (17.2.1936). Líder da delegación paraguaia na conferencia de paz de Bos Aires coa que finalizou a Guerra de Chaco (1938), foi elixido presidente da República o 4 de marzo de 1939 e inmediatamente xestionou a volta da oposición ao Parlamento e restableceu a liberdade de prensa. En febreiro de 1940 disolveu o Parlamento, asumiu todos os poderes ante a crecente presión dos militares, iniciou unha reforma agrícola moderada e elaborou unha nova constitución, ratificada polo pobo pouco antes da súa morte nun accidente de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico militar. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1874) e doutorouse en Madrid (1875). En 1877 ingresou na Sanidad Militar e foi destinado a Cuba. En La Habana doutorouse en farmacia (1880) e en ciencias naturais (1883). Ocupou a cátedra de Historia Natural e Zootecnia na Escuela de Agricultura de la Isla de Cuba (1883) e a de Física e Química na Escuela de Artes y Oficios (1885). En 1895 volveu definitivamente á Península e acabou os estudios de dereito en Madrid. Continuou exercendo como médico militar nos hospitais da Coruña, Segovia e Alacant. Trala súa xubilación dedicouse a realizar obras benéficas a través de institucións como o Patronato de Caridad. Colaborador da prensa galega e de revistas científicas, publicou Enfermedades y mortalidad en el Ejército (1883). Foi membro da Real Academia Gallega e da Sociedad Española de Historia Natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político mexicano. Ocupou, entre outros cargos, o de ministro de Asuntos Exteriores (1930-1932) e o de embaixador en España e Turquía. Fundou a Academia Mexicana de la Historia e formulou a teoría de dereito internacional coñecida como a doutrina Estrada (1930), en que declarou que o recoñecemento de gobernos era unha interferencia dun Estado noutro. Escribiu Visionario de la Nueva España (1921), Pedro Galín (1926) e Genio y figura de Picasso (1936). Foi correspondente da Academia de Lengua de México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado desde 1881, foi nomeado subsecretario de Estado para as Colonias (1882-1885), ministro de Mariña (1894) e elixido presidente da República desde 1894. O seu goberno estivo marcado polo asunto Dreyfus e polo fortalecemento da alianza franco-rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo masculino Fiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Félix Antonio González González.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica mexicana. Estudiou arte dramática na Escuela de Teatro de Guadalajara. Debutou como actriz de cine a principios da década dos corenta, pero non se deu a coñecer ata 1943, cando protagonizou Doña Bárbara. A partir dese momento iniciou unha intensa actividade cinematográfica que a levou a protagonizar numerosas películas, entre as que destacan La devoradora (1946), Río Escondido (1947), Maclovia (Beleza maldita, 1948), La noche del sábado (1950), Messalina (1951), La belle Otero (A bela Otero, 1954), Miércoles de ceniza (1958), La fièvre monte à El Pao (Os ambiciosos, 1959) e La generala (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e teórico da arte francesa. Fundador da Révue Indépendante (1833) e director da Révue Blanche (1895-1905), o seu libro Les impresiosinistes en 1886 converteuno, con P. Signac, no máximo teórico do neoimpresionismo, movemento ao que lle deu o nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Coñecido como Guadalupe Victoria, loitou en favor da independencia mexicana e aceptou o plan de Iguala (1821), pero, oposto ao Emperador Itúrbide, participou no pronunciamento de Santa Anna (1822). Formou parte do poder executivo provisional (1823) e foi elixido presidente da República (1824-1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista visual. Na súa obra combinou o sexo coas imaxes dos mass media intentando recriminar as actitudes de intolerancia da sociedade. Recibiu un premio no VIII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (2000) e participou na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (2001) co vídeo Mi sexualidad: tu pecado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e xeógrafo francés. Profesor na Universidade de Alxer, especializouse no estudo de países africanos. Escribiu Madagascar, essai de géographie physique (1902), Struture de l’Algérie (1922) e L’Afrique blanche (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos fundadores do Partido Radical Socialista e ministro de Industria e Comercio co goberno de Martínez Barrio (1933). Durante a Guerra Civil foi embaixador do goberno republicano en México e Cuba e ocupou o cargo de presidente do consello de goberno da República no exilio (1951-1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico. Editor de Cuadernos Hispanoamericanos, publicou, entre outras obras, Las piedras (Premio Adonais 1963), Música amenazada (1966), Las rubáiyátas de Horacio Martín (Premio Nacional de Literatura 1978), Memoria del flamenco (Premio Nacional de Flamencología e Premio Hidalgo 1980), Biografía. Poesía completa (1958-1984) (1986), Sobre el amor y la separación (1996) e Té con pastas (2000). É membro da cátedra de Flamencología y Estudios Folklóricos andaluces.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático polonés. Foi profesor da universidade de Greifswald e Bonn. Traballou no campo da lóxica matemática, sobre todo na teoría de conxuntos e en topoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo canadense. En 1915 descubriu un axente infeccioso filtrable que destruía as bacterias (bacteriófago) e que identificou como un virus.
VER O DETALLE DO TERMO -
(Düsseldorf 1849 - Göttingen 1925) Matemático alemán. Fixo traballos sobre a aplicación da teoría de grupos na xeometría. Estudiou tamén diversos aspectos da xeometría riemanniana e da xeometría diferencial, e as funcións hiperelípticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Foi director do Instituto Max Planck de química física (Berlín). Fixo importantes investigacións sobre os raios X (difracción a través de cristais), que permitiron máis adiante utilizar estas radiacións para analizar a estrutura molecular de moitas substancias. Das súas obras destacan Die Relativitätstheorie (Teoría da relatividadde, 1911) e Geschichte der Physik (Historia da Física). En 1914 recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento da difracción de raios X a través de cristais.
VER O DETALLE DO TERMO