Estrada Félix, Genaro
Estrada Félix, Genaro
Escritor e político mexicano. Ocupou, entre outros cargos, o de ministro de Asuntos Exteriores (1930-1932) e o de embaixador en España e Turquía. Fundou a Academia Mexicana de la Historia e formulou a teoría de dereito internacional coñecida como a doutrina Estrada (1930), en que declarou que o recoñecemento de gobernos era unha interferencia dun Estado noutro. Escribiu Visionario de la Nueva España (1921), Pedro Galín (1926) e Genio y figura de Picasso (1936). Foi correspondente da Academia de Lengua de México.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mazaltán -
Deceso
Lugar : México DF