"Faust" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 30.
-
PERSOEIRO
Bispo de Riez. Ingresou como monxe na abadía de Lerins ao redor do 426 e chegou a abade no 433. Nomeado bispo cara ao 452, enfrontouse aos arrianos e asistiu aos sínodos de Arles e Lyon. Desterrado polo rei visigodo Eurico (477- 484), volveu á súa diocese trala morte do rei. Foi un dos principais defensores da doutrina semipelaxiana. Das súas obras destaca De gratia Dei et humanae mentis arbitrio. A súa festividade celébrase o 28 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir en Córdoba, baixo Diocleciano, con Xenaro e Marcial. O seu culto é dos máis antigos de Hispania (s V). Na iconografía viste unha túnica e leva como atributo persoal un forno aceso (símbolo do seu martirio). A súa festividade celébrase o 13 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Faustus, cognome antigo e frecuente entre os romanos, que se corresponde co adxectivo faustus ‘próspero, feliz’. Este nome colleu moita sona co personaxe literario de Fausto, que lle vendeu a alma ao demo, a cambio de praceres, sabedoría oculta e capacidade para facer milagres; universalizado por Goethe en 1773, inspirou a artistas como Liszt, Wagner, Berlioz e Boito. No santoral figura un san Fausto, mártir en Córdoba baixo Diocleciano, e celebrado o 13 de outubro. Con este nome hai tamén un soldado e mártir en Milán (s II), celebrado o 7 de agosto, e un bispo de Riez (396-493). San Fausto é titular da parroquia de Chapela (Redondela).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que comporta, evoca ou constitúe unha desgraza ou infortunio.
-
PERSOEIRO
Pintor e xornalista. Dentro da pintura especializouse no retrato. As súas obras caracterízanse pola fantasía da cor e polo dominio do debuxo, e reflicten o coñecemento da pintura europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Ordenouse en 1948 e licenciouse en Teoloxía na Universidad de Salamanca. En 1966 trasladouse a Bos Aires e colaborou en La Nación. Escribiu, entre outras obras, Florilegio poético (1949), Doas de vidro (1951), Catro sonetos ao destino dunha rosa (1952), Teoría general de la existencia (1968) e Escolanía de melros (1970). Membro da comisión fundadora do Padroado do Pedrón de Ouro, co Poema das materias sagras (1960), de carácter teolóxico, obtivo o primeiro Pedrón de Ouro. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro da sociedade mariolóxica Mater Ecclesiae de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor arxentino. Enfrontouse á oligarquía local e á ditadura de Rosas e, exiliado en Chile, organizou a primeira escola normal (1842). Foi gobernador de Bos Aires e ministro do goberno provincial, gobernador de San Juan, ministro de Estado (1860) e embaixador en Washington. En 1868 foi elixido presidente da república. Publicou Facundo. Civilización y Barbarie (1845), Mi defensa e Recuerdos de provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo italiano. Viviu na corte dos Medici en Florencia (1562-1574), onde publicou De autoritate Sanctae scripturae (1562). En ; Cracovia entrou en contacto con grupos anabaptistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Haití (1849-59). Mulato de orixe eslava, en 1803 uniuse aos insurrectos contra os franceses e foi o lugartenente dos principais xefes independentistas. Xeneral (1843) e gobernador de Port-au-Prince (1846), o Senado elixiuno presidente da República en 1847. Instaurou un réxime despótico inspirado no napoleónico e fíxose coroar emperador (1850), pero en 1858 foi desposuído dos seus cargos por un alzamento republicano.
VER O DETALLE DO TERMO