Santalices Pérez, Faustino

Santalices Pérez, Faustino

Avogado e musicólogo. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e co gaiteiro de Penalta aprendeu a técnica de tocar pechado coa gaita. En 1903 ingresou no corpo administrativo do Ministerio de la Gobernación e iniciou un periplo profesional que o levou por distintos organismos públicos, dos que destacou o seu posto de Secretario do Goberno Civil de Ourense. Ao mesmo tempo investigou na música tradicional galega e colaborou con Casto Sampedro na elaboración do seu Cancionero Musical mediante a recompilación de melodías antigas e profundizou na técnica de fabricación de gaitas de forma artesá. En 1922 comezou a súa colaboración como gaiteiro no coro ourensán De Ruada, que durou ata 1927, co que participou en múltiples actuacións e para o que gravou varios temas. Tamén formou parte do coro Os Enxebres, co que realizou un importante labor de divulgación da música tradicional galega. En 1951 creou, grazas ao patrocinio de Antonio Fernández López, o Taller-Escuela de Instrumentos Gallegos de Lugo, ao que doou os seus calibres e o instrumental para construír gaitas. En 1952 reconstruíu unha zanfona antiga totalmente deteriorada, e deu concertos e pronunciou charlas didácticas sobre a zanfona. En 1953 gravou catro discos con temas para zanfona e, en 1956, publicou o libro La zanfona, o primeiro método escrito sobre este instrumento en Galicia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bande

  • Deceso

    Lugar : Madrid