"Gúín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 102.
-
-
Relación de parentesco, lineal ou colateral, que xorde pola común ascendencia biolóxica e que se computa mediante liñas (conxunto de persoas que teñen unha orixe común) e graos (distancia que media entre persoas situadas na mesma liña). Son parentes consanguíneos aqueles que descenden dun mesmo tronco. Ten importancia, sobre todo, no ámbito matrimonial, pois xera algúns impedimentos para o casamento e tamén ten relevancia xurídica, posto que modifica a capacidade de obrar noutros ámbitos da vida do dereito. O dereito canónico diferencia a consanguinidade natural, cando non é froito de matrimonio lexítimo, e a civil, cando si o é. O dereito civil eliminou esta diferencia, de modo que a consanguinidade constitúe un impedimento para o casamento, aínda que nalgúns casos é dispensable.
-
Apareamento de dous individuos que teñen lazos de parentesco dentro dunha poboación. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación, respecto do que ocorrería se o apareamento fose aleatorio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se deriva ou é consecuencia de algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ferreiriño cristado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Miguel González Lucas.
-
-
Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Egua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de apatito e fosforita de cor verde clara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substitución total ou parcial do sangue dun enfermo pola dun ou máis individuos sans, denominados doadores. Ten lugar inxectando o sangue do doador, ao mesmo tempo que se extrae o do enfermo na mesma cantidade.
-
GALICIA
Sacerdote xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús (1736) e estudiou filosofía e teoloxía en Palencia e Valladolid (1740-1743). En 1746 foi enviado como misioneiro a Filipinas, onde tamén exerceu como profesor de matemáticas no colexio de San Ignacio de Manila. En 1767, en virtude do decreto de expulsión dos xesuítas dos territorios da monarquía hispánica, trasladouse a Italia. Foi o autor de Galicia. Reino de Cristo Sacramentado y primogénito de la Iglesia entre las gentes: [...] (1750).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou na mariña mercante e dende 1872 como axente de bolsa. Comezou a pintar a comezos da década de 1870 e acudía a debuxar á Académie Colarossi. Coñeceu a C. Pisarro e visitou a primeira exposición impresionista de 1874. En 1876 o Salón admitiulle La Seine au pont d’Iéna (1875) e desde 1880 expuxo cos impresionistas. En 1883 a crise bolsista obrigouno a vivir da arte. Durante a súa estancia en Pont-Aven (1886-1888), conviviu con Émile Bernard, Paul Sérusier e outros. Viaxou a Panamá e á Martinica (1887) e pasou uns meses con Van Gogh en Arles (1888), ata que empeorou a saúde mental deste, e despois de residir uns meses en París trasladouse con Sérusier en Le Pouldu, onde gozou da protección de Meier de Haan. Desde 1891 a 1901 residiu en Tahití e despois en Francia (1893-1895), ata que despois dunha tentativa de suicidio se instalou nas Illas Marquesas en 1901. Partindo do impresionismo, foi un dos máis destacados no sintetismo da escola de Pont-Aven. Durante a súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
Desvío da proa dun barco cara a un ou outro lado do rumbo que debe seguir por mor do vento ou dun movemento do mar.
-
Caída da proa a un ou outro lado unha vez fondeado o barco.
-
Feito de dirixir co temón a proa do barco cara a unha ou outra banda, con calquera obxecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar guinadas unha embarcación.
-
-
Conxunto de dúas pezas saíntes e curvas que teñen algúns martelos para poder desencravar os cravos ou as puntas.
-
Ferramenta con dous dentes que se emprega para labrar o campo.
-
Ferramenta para descravar táboas ou abrir caixas de madeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
guindastre.
-
-
Instrumento punzante.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pantalóns’.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘calzón’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal, especialmente ao boi e á vaca, que ten os cornos curvados cara a adiante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferida producida por un guincho.