"GB" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • PERSOEIRO

    Sociólogo estadounidense. O seu pensamento inscríbese dentro da escola neopositivista. Intentou dar ás ciencias sociais unha base científica e estudou os fenómenos sociais mediante a determinación dos coeficientes de correlación que hai entre eles. Escribiu Social Exchange (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oyo, Nixeria, que está situada ao NL de Ibadan (441.600 h [1992]). É un centro de tratamento de cacao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Warwickshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao L de Coventry, á beira do Avon (87.453 h [2001]). Na súa public school comezou a desenvolverse en 1823 o deporte que tomou o seu nome, o rugby.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de quince ou trece xogadores cada un, que ten como fin marcar o máximo número posible de puntos. Cada equipo ten oito dianteiros, dous medios (denominados medio de melé e medio de apertura), catro tres-cuartos e un defensa. O balón é oval e o terreo de xogo ten unha lonxitude de 95 a 100 m, e unha largura de 66 a 68,57 m. Pódese facer andar o balón con todo o corpo, pero cando se lanza coas mans ten que ser mandado cara a atrás. Se se xuta de cara á liña de balón morto contraria, todos os compañeiros do que xuta situados por diante del están en fóra de xogo. A intercepción do avance dun contrario que ten o balón faise normalmente coa placaxe, que consiste en facelo caer ao chan agarrándolle a cintura ou as coxas cos brazos. Márcase un ensaio cando se consegue pousar o balón no chan no terreo de ensaio contrario, e faise un gol cando cun xute ao bote (drop goal) ou colocado se fai pasar o balón entre os paus por riba do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico sueco, fillo de Karl Manne Siegbahn. Doutorouse na Universidade de Estocolmo en 1944. Traballou en espectroscopia, na interacción entre as radiacións electromagnéticas e a materia. En 1981 recibiu, xunto a N. Bloembergen e A.L. Schwalow, o Premio Nobel de Física, pola súa contribución á espectroscopia electrónica de alta resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico sueco. Estudou nas universidades de Lund, Gotinga e Múnic, e foi profesor das de Lund, Uppsala e Estocolmo, e director do Instituto Nobel de Estocolmo. Estudou as características físicas dos raios Röntgen, especialmente a súa refracción e o seu espectro. En 1924 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, co tronco longo e esvelto recuberto por unha pelame de cor castaña. Vive en zonas de estepa árida e bosque claro de África, desde o cabo de Boa Esperanza ata o Zambeze. OBS: Tamén se denomina antílope saltador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU de 665 km de lonxitude. Nace preto de Bonneville (Mississippi), atravesa os estados de Mississippi e Alabama e desemboca na baía de Mobile, no golfo de México, despois de unirse ao Alabama e de tomar o nome de Mobile.

    VER O DETALLE DO TERMO