"Gard" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
-
Máquina de guerra medieval que proxectaba pedras e dardos.
-
Peza lixeira de artillería naval, do xénero das bombardas, que se empregou por primeira vez en 1304, trala súa incorporación polo almirante xenovés R. Grimaldi. Estaba fixada a unha longa armazón de madeira sostida por unha forquita metálica. Continuou empregándose nos ss XIV e XV.
-
Arma de fogo portátil de carga anterior, que se fixo común en Europa no s XV, en substitución da colobrina de man e que continuou empregándose ata finais do s XVI. A súa culata pechábase cun obturador móbil, fixado mediante unha chaveta, e incorporaba unha caixa de base plana que permitía apoiar a espingarda no ombreiro no intre de disparar, para conseguir unha maior puntería.
-
Arma portátil de canón moi longo, coa ánima lisa e chave de pedra de chispa, coa caixa traballada con incrustacións ou damasquinada. Foi empregada polos norteafricanos ata mediados do s XX.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escopeta’.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo sudafricano que escribiu en lingua inglesa. A súa obra versa sobre a problemática racial. Conseguiu fama mundial coas representacións que a compañía The Serpent Players, fundada por el mesmo, fixo de obras súas como The Blood Knot (O lazo de sangue, 1963), The Island (A illa, 1974), The Road to Mecca (O camiño cara á Meca, 1985), A Place with the Pigs (Un lugar cos porcos, 1988), ou My Children! My Africa! (Meus fillos! Miña África!, 1990), onde analiza a situación política dun país multirracial sometido a un sistema de segregación.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento francés (5.853 km2; 623.125 [1999]). A capital é Nimes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de gardar ou vixiar.
-
Conxunto de soldados ou xente armada que se encargan de defender ou vixiar persoas ou lugares.
-
-
Corpo armado que se encarga da vixilancia e defensa de algo ou de alguén. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
Garda Civil
Instituto civil armado integrado nas forzas e corpos de seguridade do Estado. Mantén unha estrutura xerárquica militar, malia que depende da dirección xeral de Seguridade do ministerio do Interior. Creouse por decreto do goberno moderado de L. González Bravo en 1844 e a súa organización confióuselle a Francisco Javier Girón, duque de Ahumanda, que a dirixiu ata 1854. Ocupábase inicialmente de manter a orde pública. O duque de Ahumada deseñou a distribución dos membros da Garda Civil en doce tercios peninsulares e un insular, posteriormente implantouse tamén nas colonias. A expansión territorial produciuse partindo do centro do Estado e seguindo as principais vías de comunicación, en etapas que abarcaron o ámbito provincial (1846), de partido (1851) e municipal, xa no s XX. A súa estrutura partía do posto como unidade básica e nun nivel superior situábanse as liñas, as compañías, comandancias, tercios e zonas. O servizo realizábase baixo a dependencia das autoridades civís, agás en caso...
-
garda de asalto
Forza de policía da Segunda República creada pola hostilidade popular contra a Garda Civil. En 1936 mantívose fiel á República e ao final da guerra foi substituída pola Policía Armada.
-
garda de corps
Corpo adscrito á persoa do rei instituído en Francia no s XV e disolto en 1789. En España foi introducido por Filipe V e desapareceu baixo o reinado de Fernando VII.
-
garda nacional
Milicia cívica francesa que se constituíu en París o 13 de xullo de 1789 co obxectivo de defender o país dunha posible volta á monarquía e dos intentos de insurrección das clases populares. Disolta por motivos políticos en 1827, foi reconstituída durante a Revolución de 1830. En 1852 Napoleón modificou o seu carácter para defender a figura do emperador dos ataques dos revolucionarios. En 1868 converteuse nun corpo para a ocupación de territorios e trala súa participación na Comuna de París suprimiuse en 1872.
-
garda pretoriana
Corpo do exército romano que se ocupaba de custodiar os emperadores romanos. Tiveron a súa orixe durante a época republicana nas cohors praetoria, grupos de soldados seleccionados polos xenerais como gardacostas. No ano 13 a C Octavio Augusto regulamentouna como unha unidade especial permanente coa función de protexer a familia imperial. Estaba formada por nove cohortes pretorianas das que tres permaneceron en Roma e o resto repartíanse por Italia. Durante o goberno de Tiberio no 23, inaugurouse o campamento permanente deste corpo, a castra praetoria, fóra das murallas de Roma, no Viminal. Os seus comandantes denominábanse prefectos do pretorio e convertéronse nun elemento destacado na sucesión dos emperadores. Foron disoltos no 312 por Constantino I.
-
garda real
Conxunto de varios corpos do exército destinados a protexer o soberano e a súa familia. As súas orixes atópanse na unificación que realizaron os Reis Católicos dos gardas vellos de Castela e da garda amarela, que constituíron a garda dos cen continuos. Durante o reinado de Carlos I uniuse a esta garda o corpo de arqueiros de Borgoña e durante a minoría de idade de Carlos II, creouse un rexemento especial, a chamberga, baixo as ordes do marqués de Aytona. A chegada de Filipe V supuxo a transformación deste corpo na garda de corps, organizada segundo o modelo francés. Trala súa desaparición no reinado de Fernando VII, no reinado de Isabel II transformouse no corpo de alabardeiros e no escuadrón de garda da raíña. Suprimida durante o reinado de Amadeo de Savoia e na Primeira República, converteuse durante a restauración de Afonso XII no corpo de gardas alabardeiros e na escolta real. A restauración da monarquía trala ditadura, deu lugar á constitución o 31 de decembro de...
-
...
-
-
-
LAGOS
Lago subalpino, o máis grande de Italia (370 km2). Está bordeado parcialmente de relevos calcarios ou dolomíticos que forman parte dos Prealpes lombardos e dos Prealpes do Véneto. Fai de límite entre as rexións da Lombardía e do Véneto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empregado do ferrocarril que ten ao seu cargo o manexo das agullas nos cambios de vía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se encarga de vixiar un paso a nivel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza que se coloca diante e por riba das rodas dun vehículo para evitar as salpicaduras de lama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza do carro colocada sobre a cabezalla que serve para suxeitar a carga na súa parte anterior e así evitar que fira a xugada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da armadura de guerra que cobre e protexe o brazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arandela de madeira ou metal, acanalada no seu lado exterior, ao que se axusta un cabo ou cable formando un ollo e que serve para protexer os cabos das rozaduras e roturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moldura que protexe un recanto ou aresta. Tamén se denomina marco de protección.
-
-
Barco ou lancha rápida destinados á vixilancia e ao coidado do litoral.
-
Persoa que traballa nun deses barcos.
-
Persoa que acompaña a alguén para protexelo e defendelo de posibles agresións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protector con forma de arandela ou anel que se coloca sobre o mango dun instrumento para evitar cortes accidentais.
-
-
Que ou quen garda.
-
Persoa que ten a tutela doutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza metálica que se emprega nos fornos, chemineas ou caldeiras de vapor para protexelas contra a acción das chamas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de manexar os freos do tren.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza que se coloca diante e por riba das rodas dun vehículo para evitar as salpicaduras de lama.
-
-
Guarnición das espadas ou armas similares.
-
Peza que se fixa no canón dunha arma de fogo e que serve para que o tirador non se queime ao facer fogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio de materiais diversos sobre o que se colocan as pezas do servizo de mesa para protexer o mantel e os mobles de manchas ou queimaduras.