espingarda

espingarda

(

  1. s f [BÉL]

    Máquina de guerra medieval que proxectaba pedras e dardos.

  2. s f [BÉL]

    Peza lixeira de artillería naval, do xénero das bombardas, que se empregou por primeira vez en 1304, trala súa incorporación polo almirante xenovés R. Grimaldi. Estaba fixada a unha longa armazón de madeira sostida por unha forquita metálica. Continuou empregándose nos ss XIV e XV.

  3. s f [BÉL]

    Arma de fogo portátil de carga anterior, que se fixo común en Europa no s XV, en substitución da colobrina de man e que continuou empregándose ata finais do s XVI. A súa culata pechábase cun obturador móbil, fixado mediante unha chaveta, e incorporaba unha caixa de base plana que permitía apoiar a espingarda no ombreiro no intre de disparar, para conseguir unha maior puntería.

  4. s f [BÉL]

    Arma portátil de canón moi longo, coa ánima lisa e chave de pedra de chispa, coa caixa traballada con incrustacións ou damasquinada. Foi empregada polos norteafricanos ata mediados do s XX.

  5. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escopeta’.

Palabras veciñas

espiñela | espiñento | espineta | espingarda | Espinhaço, serra do | espiño | Espiño