"Guido" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 38.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (889-894), duque de Spoleto (Guido II, 890-894) e emperador de Occidente (891-894), fillo de Guido I de Spoleto. Tras vencer a Berenguel I proclamouse rei de Italia en Pavia e foi coroado emperador en Roma polo Papa Estevo V.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1185-1192) e de Chipre (1192-1194). Á morte do Rei Balduíno V de Xerusalén, foi recoñecido rei polo seu casamento con Sibila. Tras ser vencido por Saladino na Batalla de Hattin (5.7.1187), perdeu o seu reino e foi feito prisioneiro. En 1192 recibiu de Ricardo I Corazón de León o Reino de Chipre, onde estableceu unha dinastía que durou ata finais do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Iniciador do dolce stil nuovo, a súa poesía Al cor gentil, repara sempre amore foi considerada o manifesto e o compendio doutrinal da escola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militante anarcosindicalista. Participou na Revolución de Asturias (1934) e fuxiu a Francia. Instalouse na Coruña (1935) e colaborou na CNT local. En 1936 fuxiu ata Gijón co sindicato El Despertar Marítimo, enrolouse no Batallón 219 Galicia e militou na Agrupación Confederal Galaica. Despois da Guerra Civil Española traballou pola reorganización da CNT en Galicia. Na década de 1940 foi detido e encarcerado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos láguidas.
-
Individuo do pobo láguida.
-
Pobo indíxena de América do Sur, antigamente disperso polo extremo meridional, Tierra del Fuego e as illas veciñas. As primeiras evidencias da súa poboación atopáronse na Lagoa Santa, Minas Gerais (Brasil). Viuse reducido só a dúas pequenas tribos, alacaluf e yámana. Dedícanse á explotación dos recursos pesqueiros e á recolección.
-
-
-
Que carece de enerxía ou vigor.
-
Que manifesta amor pero cun aire de sufrimento.
-
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Coñecido como Il Paganino, traballou en Modena e Nápoles. En Modena realizou a Pietà para a igrexa de San Giovanni (1477-1480) e o Presepe para a cripta da catedral (1480) e en Nápoles fixo a Lamentazione para a igrexa de Santa Ana (1492). Residiu na Corte de Carlos VIII de Francia entre 1495 e 1511, onde proxectou a tumba deste rei en Saint-Denis, e fixo a estatua ecuestre de Luís XII de Francia en Blois (1515).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen persegue.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como frei Angelico, en 1407 ingresou no convento de dominicanos de Fiesole, do que foi prior (1448-1450) e onde tomou o nome de frei Giovanni di Fiesole. Considerado discípulo de Lorenzo Monaco, entre 1409 e 1418 exiliouse, con toda a comunidade, a Foligno e Cortona, pois non aceptaran o Papa Alexandre V. Cara a 1438 comezou a decorar o convento de San Marco, en Florencia. En 1447 trasladouse ao Vaticano, onde decorou con frescos a capela de Nicolao V (Storie di Santo Stefano e San Lorenzo, 1447-1450). Foi un artista de temática exclusivamente relixiosa e intencións edificantes, con esquemas miniaturistas, pero de linguaxe pictórica moderna cunha achega xenial: a iluminación plena e o delicado uso do cromatismo. As súas obras, feitas a miúdo coa colaboración de discípulos, consérvanse na súa maior parte no Museo dell’Angelico, en San Marco; destacan Annunciazione (1435-1440), Crocifissione e Giudizio Universale. Sobresaen...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista, irmán de Bruno e Gillo Pontecorvo. Naturalizouse británico e estivo moitos anos vinculado ao departamento de xenética da University of Glasgow. Destacou no estudo dos sistemas da análise xenética e os procesos de recombinación xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Seguidor e discípulo dos Carracci, a súa obra, despois de coñecer as composicións de Caravaggio, converteuse na plasmación de ambas as dúas correntes. Preocupouse pola harmonía e a beleza de todas as figuras, que potenciou cun cromatismo equilibrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de seguir.
-
Que vai un xusto detrás doutro ou consecutivos.
-
Continuo ou sen intervalos de tempo ou lugar.
-
Sen cambiar de dirección ou de camiño.
-
De xeito continuo ou a miúdo.
-
-
-
-
Que o quen segue ou persegue algo ou a alguén.
-
Que ou quen continua algo que outro comezou ou fixo anteriormente.
-
Que ou quen actúa ou pensa seguindo a doutrina, as ideas ou a conduta propias doutra persoa ou entidade.
-
-
-
seguidor catódico/de cátodo
Circuíto especial provisto dun tubo electrónico, xeralmente un tríodo, montado co ánodo conectado en masa e empregado como adaptador de impedancias.
-
seguidor de emisor
Circuíto especial que consiste nun transistor conectado en colector común, empregado en certos casos como adaptador de impedancias.
-
seguidor catódico/de cátodo
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, fillo de Bosio (II), conde de Santa Fiora e de Cotignola, e de Constanza, filla de Alessandro Farnese (Paulo III). Foi bispo de Montefiascone-Corneto (1528-1548), de Parma (1535-1560), camarlengo da Igrexa (1537), legado en Boloña (1537-1538) e Hungría (1540) e administrador dos bispados de Narni (1537-1538) e Chiusi (1538). Foi un dos cardeais do partido imperial no conclave de 1550, en que saíu elixido Xulio III. Como hispanófilo, foi encarcerado por Paulo IV en 1555, pero en 1557 interveu na paz entre este e o duque de Alba, que se apoderara de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen tingue ou serve para tinguir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa que une as dúas pezas do mallo.