"Hino" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 37.
-
CIDADES
Cidade do ken de Aichi situada na illa de Honshū, Xapón (270.828 h [1997]). Forma parte da área industrial de Nagoya.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Miyagi, situada na illa de Honshū, Xapón (122.789 h [1991]). É un importante porto de pesca de altura. Dedíacanse ao cultivo de ostras, á industria conserveira e á fabricación de arpóns para os baleeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das uñas que teñen as reses vacúas na parte superior traseira do pezuño.
-
CIDADES
Cidade do ken de Toquio, situada na illa de Honshū, Xapón (139.165 h [1991]). É un centro residencial na periferia de Toquio.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Chiba, na illa de Honshū, Xapón, situada na costa NL da baía de Toquio (268.952 h [1991]). Formouse en 1851 pola fusión de Minomi, Maka, Tsudanuma e Okubo, e non dispón dun centro urbano propiamente dito.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Hyōgo, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Osaka (397.618 h [1997]). Ten destilarías de sake e produción de aceite vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformista italiano. Xeneral dos capuchinos (1538-1541), adheriuse ao protestantismo (1541) e adoptou as posicións máis radicais. Refuxiouse en Xenebra, preto de Xoán Calvino (1542), e en 1548 Thomas Cranmer chamouno a Inglaterra. Co advenimento de María I Tudor (1553), fuxiu a Zúric e posteriormente a Polonia e Moravia. Escribiu Prediche nove (1539), Labirinti del libero o servo arbitrio (1561) e Dialoghi XXX (1563).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Fernández Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos rinobátidos, co corpo alongado, cos extremos das aletas pectorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha. Pódese destacar o R. rhinobatos, de pequeno tamaño (menos de 1 m de longo), cunha serie de espiñas en ringleira ao longo do dorso e cola moi pouco visible; e o R. cemiculus, co fuciño mouro nos exemplares novos, o corpo cunha liña de espiñas máis sobranceiras ca na especie anterior, e pode acadar ata os 2 m de longo. Ambas especies presentan unha coloración castaña coas partes ventrais brancas. Habitan en fondos pouco profundos de area e lama, xeralmente por riba dos 100 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos quirópteros, da familia dos rinolófidos, ao que pertencen os morcegos de ferradura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates catarrinos, da familia dos cercopitecidos, coa cabeza pequena, cara aplanada e nariz chato, pelame denso, suave e de cores vivas, sobre todo laranxa, amarelada ou doutras tonalidades. De costumes arborícolas e vexetarianos, habitan en zonas montañosas do NL de China, Tibet e Tonquín, ata os 3.000 m de altitude.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar xaponés. Samurai do clan Satsuma, foi comandante en xefe do exército. En 1873 dimitiu dos seus cargos e dirixiu unha gran revolta dos samurais contra o goberno (1877), pero foi vencido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Rossi.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Foi axudante de dirección de Jean Renoir (1936). O seu estilo caracterízase por unha aguda sensibilidade, unha obsesión plástica pola escenografía, e o gusto polos ambientes grandiosos, barrocos e decadentes. Presenta de forma igualitaria o mundo dos marxinados sociais, os emigrantes e os que padecen, e os ambientes suntuosos, aristocráticos e refinados. Da súa extensa filmografía destacan algúns títulos da primeira época neorrealista, como La terra trema (1948, premiada en Venecia), Senso (1955), Le notti bianche (1957, premiada en Venecia) e Rocco e i suoi fratelli (1960, premiada en Venecia). A outro estilo pertencen Il Gattopardo (1965, premiada en Cannes) e Vaghe stelle dell’Orsa (1965, premiada en Venecia). Outros filmes destacados son La caduta degli dei (1969), Morte a Venezia (1971), Ritratto di famiglia in un interno (1974) e L’innocente (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro shōgun Tokugawa e de Xapón (1867-1868). Coa axuda dos daimyō conseguiu a dirección política do país en 1862, e procurou restablecer o autoritarismo do réxime militar de goberno (bakufu). As revoltas de Satsuma e Chosu (1867) provocaron que dimitise e desapareceu o shogunado.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado preto da fronteira con Portugal e drenado polo río Godolid (2.979 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO