Rhinobatos
Rhinobatos
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes da familia dos rinobátidos, co corpo alongado, cos extremos das aletas pectorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha. Pódese destacar o R. rhinobatos, de pequeno tamaño (menos de 1 m de longo), cunha serie de espiñas en ringleira ao longo do dorso e cola moi pouco visible; e o R. cemiculus, co fuciño mouro nos exemplares novos, o corpo cunha liña de espiñas máis sobranceiras ca na especie anterior, e pode acadar ata os 2 m de longo. Ambas especies presentan unha coloración castaña coas partes ventrais brancas. Habitan en fondos pouco profundos de area e lama, xeralmente por riba dos 100 m.