Rhind, papiro

Rhind, papiro

Papiro exipcio, que contén un tratado matemático, de época faraónica e en moi bo estado de conservación, que foi adquirido en Tebas en 1858 polo viaxeiro británico A. Henry Rhind, e tras a súa morte, polo British Museum, onde se conserva. Data do reinado de Auserre Apopis I (1674?-1567 a C). É copia dunha obra escrita baixo Ammenemes III (1842-1797 a C). Comprende unha serie de táboas para o cálculo de fraccións e noventa problemas aritméticos e xeométricos, de natureza non teórica, senón práctica.

Palabras veciñas

Rheum | Rheydt | Rhinanthus | Rhind, papiro | Rhine, Joseph Banks | Rhinobatos | Rhinolophus